Archive for the ‘Praza Pública’ Category

Non é país para moz@s

15th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Non é país para moz@s

O título non é moi orixinal, xa sei. Pero non se me ocurriu outro despois de ver os datos que a Unión Europea daba a coñecer o pasado mércores, e que nos permitían saber como está (de mal) o asunto  do paro entre a mocidade. Concretamente o que sinalan eses datos é que o estado […]

Os que falamos galego navegamos distinto por Internet

7th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os que falamos galego navegamos distinto por Internet

O Instituto Nacional de Estatística publicou hai uns días os resultados dunha investigación que quería saber para que usamos Internet. Os resultados foron moi criticados porque, como sempre lles pasa, sae o que sae en función do que preguntan, e se non preguntan sobre algunhas cousas, pois claro, esas cousas non saen. E non preguntaron […]

Abrazar aos profesores e profesoras

2nd Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Abrazar aos profesores e profesoras

Estes días atrás, co gallo do centenario de Albert Camus, circularon polas redes sociais moreas de textos seus ou sobre el, citas de toda clase que naceron do seu talento e, en definitiva, anacos da súa obra que nos lembraron a súa xenialidade e capacidade para, ademais de producir beleza coas verbas, facernos pensar. De […]

Morrer en galego. Vivir en galego

19th Novembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Morrer en galego. Vivir en galego

Como a vida é así, tocoume hai unhas semanas a morte da miña nai. Tiven que facerme cargo de toda a loxística asociada ao seu pasamento. O transo é brutal. En cuestión de minutos tes que tomar unha serie de decisións que nunca pensarías que tiveses que tomar, aínda que sabía que ía tocarme algún […]

Ninguén quere saber

14th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ninguén quere saber

No século XVIII naceu na conciencia da cidadanía o desexo de saber. Ou o que é o mesmo: a reivindicación da maioría de idade da Humanidade, farta da tutela eclesiástica. Kant, de feito, cando tivo que explicarlle aos seus coetáneos o que era a Ilustración, dixo que o lema que podía resumila era Sapere aude, […]

Unha ultradereita impune

30th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha ultradereita impune

Na adolescencia marcoume profundamente a lectura de O señor das moscas, de William Golding, unha historia que cuestionaba unha idea na que a moitos nos gusta crer (aínda que a realidade nos obrigue tantas veces a dubidar): esa de que o ser humano é bo por natureza e que se rematamos facendo barbaridades e sendo […]

Un fillo na Universidade

13th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un fillo na Universidade

Escribo estas liñas minutos despois de que o meu fillo máis grande subise no tren para marchar vivir a Compostela para empezar os seus estudos universitarios. O primeiro que penso é que o tempo é unha cousa cruel: estes primeiros dezaoito anos pasaron veloces de máis. E logo, véndoo sair pola porta, non podo evitar […]

Para que logo digan da mocidade

29th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para que logo digan da mocidade

Á xente moza sempre se lle pon a parir por mil motivos. Mais, na traxedia de Santiago, foron moitos e moitas os que non dubidaron un segundo en pasar a noite doando o seu sangue para quen o necesitase. Ou ofrecéndose para botar unha man no que fose preciso. Aquí.

As falsidades non se xustifican

15th Xullo 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en As falsidades non se xustifican

Hai uns días, María Dolores de Cospedal dicía que a Bárcenas non había que facerlle caso nas súas falsidades. Que as falsidades non se xustifican. Vale. Pero aínda temos recente na lembranza cando Aznar xustificaba a falsidade aquela de que había armas de destrución masiva no Iraq. Era unha trola e sabíano. Pero xustificaron igual […]

Necesitamos esperanza, é dicir Esperanza

24th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Necesitamos esperanza, é dicir Esperanza

A sensación de pena é clara e indubidable. A tristura, colectiva. As caras longas e resignadas, moitas. Clima de derrota. Aceptación do fracaso…aire de vencidos. Derrotados todos polo Peso das Cousas. O que quero dicir é que unha das cousas máis terribles do que nos pasa agora é que non temos esperanza Mais temos que […]