Archive for the ‘Praza Pública’ Category

Aquel pequeno paso

31st Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel pequeno paso

Hai 45 anos da chegada do home á lúa. Neil Armstrong puxo alí a súa bota ao tempo que pronunciaba unha das frases máis famosas e, probablemente fermosas, de todo o século XX. Aquilo de que a pesar de ser un pequeno paso para o home, en realidade era un gran paso para a humanidade. […]

Paduanos

1st Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Paduanos

A min fíxome galegofalante a Universidade. Non o ensino infantil nin a EXB nin o BUP. Foi na Universidade á que cheguei no ano 1984 con todos os meus prexuízos sobre o galego e a súa condición noxenta (“de paduanos” dicía un meu tío). Alí, para a miña sorpresa, a Ciencia falaba en galego. Señores […]

Ambicións

18th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ambicións

Algo debe de ir mal nunha sociedade cando un dos libros máis vendidos do ano pasado foi Ambiciones y reflexiones (máis de 100.000 exemplares nas primeiras tres semanas; imaxen cantos escritores galegos xuntos temos que unirnos para chegar a ese nivelazo literario). Dende logo que non serei eu quen discuta os méritos literarios da miña […]

Literaturhaus (Kiel 1)

3rd Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Literaturhaus (Kiel 1)

Hai un par de semanas tiven a honra de participar no Literaturhaus, en Kiel (Alemaña), unha importante cita literaria que durante cinco días permite a autores e autoras de toda Europa encontrarse, falar das súas obras, do traballo editorial, e, en definitiva, dun mollo de cuestións que lles ocupan e preocupan no día a día […]

Aínda moita relixión

9th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aínda moita relixión

Na pasada Semana Santa (había que lle buscar outro nome que tampouco pasaba nada; esa Sagrada Constitución Intocable que tanto veneran di que este é un estado aconfesional) o ministerio de xustiza indultou, seguindo unha tradición relixiosa impropia dun estado, repito, aconfesional, a 21 persoas, entre outras, un director de banco que roubara unha boa […]

A revolución ilóxica

25th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A revolución ilóxica

O tópico di que os máis novos aprenden dos máis grandes. Dende hai miles de anos é asi. Probablemente é un sabio mecanismo deses que os grupos sociais humanos argallaron para garantir a supervivencia do colectivo. E debe de ser algo tan instaurado no máis profundo do cerebro que por iso os pais e as […]

Valentía

26th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Valentía

O que non hai é valentía. Para cambiar o mundo. Para recoñecer que este sistema está esgotado. Para asumir que hai que empezar de cero, mandando para sempre ao cubo do lixo ao capitalismo, para centrarnos noutro xeito de vivir que pense nas persoas e non nos mercados. E así, quizais, saberiamos valorar aos políticos […]

Ler

14th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ler

Ler e vivir. Ler e facer da propia vida un libro. Ler para vivir un cento de veces. Ler e ser papel, aventura, drama, festa, melancolía. Ler e entenderme. Léndome. Ler e ser inmortal porque eu morrerei e alguén que aínda non naceu, ao lerme, proclamará a miña resurrección. Ler para deixar de ser illa […]

A madalena

14th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A madalena

A miña infancia recende a flocos de millo en bolsas xigantescas de sal gordo inacabables infinitas deliciosas festivas e felices. No Cine Roxy. En Teis. E ule a chicle de fresa Niña na boca de Cristinita, beso-verdad-condición. E á colonia forte e barata no seu pescozo, fresco como a vida que empezaba. A miña infancia recende […]

A ‘Infanta-que-non-pilla-nada’ é o grande argumento contra da monarquía

13th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ‘Infanta-que-non-pilla-nada’ é o grande argumento contra da monarquía

En síntese o que dixo foi: non sei nada, non me enterei de nada, non entendía nada, asino papeis só porque mos poñen diante, estou na directiva dunha sociedade por estar, ignoraba que o persoal da miña casa cobraba en negro… Máis ou menos e resumindo foi iso. E non sei se se pode dicir […]