Archive for the ‘Xeral’ Category

O barco racista e o 18 de xullo

18th Xullo 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en O barco racista e o 18 de xullo

Hoxe soubemos que unha asociación xenófoba de ultradereita (perdón pola redundancia) chamada “Defend Europe” conseguiu 100.000 euros en donacións para fletar un barco co que percorrer o Mediterráneo para impedir a chegada de barcos con refuxiados e dificultar o labor das ONGs que traballan con esta pobre xente. Indican, ademais, que “intervirán” se ven “algo […]

Morrer no traballo

14th Xullo 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Morrer no traballo

Na película “12 anos de escravitude” de Steve McQueen,  hai unha escena especialmente brutal (das moitas que hai). Refírome ao momento no que, baixo do sol agotador do sur dos Estados Unidos, na plantación de algodón onde o pobre protagonista vive a súa traxedia (era un negro libre, pero foi secuestrado -no Norte, onde xa estaba […]

A xente

12th Xullo 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en A xente

Onte coñecín unha persoa que ten moitos animais na súa casa. Non cans nin gatos senón outros, tanto ten cales, que eu nunca vira en casa ningunha. Explicoume todo o que implica telos: gastos veterinarios, de alimentación, de acondicionamento (un deles, de feito, ten que estar o 75 por cento do día en escuridade absoluta […]

Silencios

26th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Silencios

Estarei volvéndome vello, pero estiven atento ao inicio da comparecencia de Bárcenas na comisión do Congreso.Moi amable e cordial, abriu o micro para dicirlle ás súas señorías, que non ía dicir nada. Esbozou un sorriso de bo veciño e alí quedou, tan pancho e caladiño. Silencio. O Tribunal de Cuentas, hoxe, en Madrid, ditaminou que […]

Hai futuro

21st Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Hai futuro

O pasado sábado fun convidado a participar nas Xornadas dos Clubs de Lectura, no Palacio de Congresos de Santiago, para moderar unha mesa redonda coas escritoras (as tres van publicar en breve na Editorial Galaxia) Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e Tamara Andrés. Ademais do interesante que creo que foi a conversa entre nosoutras catro […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 10: ANDURIÑA

20th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 10: ANDURIÑA

A canción saiu cando eu non tiña nin dous anos de vida. Pero estaba na casa o “single” do meu irmán e que eu escoitaba e escoitaba e escoitaba dende que aprendín, aos tres anos, a usar o tocadiscos seu. Hai cancións que evocan verán. Luz. Pero luz moi forte, moi grande, luz que manca […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 9: WORKING CLASS HERO

19th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 9: WORKING CLASS HERO

Porque son o fillo da carniceira de Teis. Porque o meu pai empezou a traballar cando tiña 11 anos e, como era tan alto, mentiu e dixo que tiña 14 para que lle deixaran empurrar da carretilla. Porque me criei nun barrio de pantalóns con remendos, onde non se tiraba nada, onde a roupa duraba […]

10 CANCIÓNS (POSIBLES) DA MIÑA VIDA. 8: ANOTHER ONE BITES THE DUST

12th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 CANCIÓNS (POSIBLES) DA MIÑA VIDA. 8: ANOTHER ONE BITES THE DUST

Conteino mil veces. Antes que escritor, eu o que quería ser era músico. Fun a clases de guitarra anos e anos, e tiña o meu grupo na adolescencia, como tanta xente. Naquela época da Movida Viguesa eu era cativo de máis (empezando adolescencia) e pilloume co pé cambiado e, ademais, a miña liña de intereses […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 7: SUMMER NIGHTS (GREASE)

9th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 7: SUMMER NIGHTS (GREASE)

E non o podo evitar. Cando na tele, cada pouco, a volven poñer, véxoa. E gózoa como se fose a primeira vez que a vexo. E cabréome con Danny por imbécil. E cabréome con Sandy por ñoña. E na miña casa, claro, fuxen do salón porque vou poñerme a facer comentarios do tipo, “mira, agora […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 6: MY SHARONA

5th Xuño 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 6: MY SHARONA

Tiña 13 anos cando Fito, un dos meus amigos daquela, mercou este single. Puñámolo no xiradiscos da súa casa unha e dúas e mil veces. Colliamos o pau das vasoiras e veña a facer como que o tocabamos, dando chimpos. No momento do só de guitarra final, un dos mellores e máis espectaculares da historia […]