Archive for the ‘Sermos Galiza’ Category

A educación é a única garantía de igualdade e democracia

6th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A educación é a única garantía de igualdade e democracia

No século XVIII comezou a aniñar na conciencia cidadá a idea de que a educación debería de ser algo ao acceso de todo o mundo sen ningunha clase de limitacións. A idea é, dende a súa orixe, absolutamente política e abeirada á construcción dun sistema democrático libre afastado dos rexímenes totalitarios e, xa que logo, […]

Marca España

28th Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Marca España

Intermón Oxfam presentou hai unhas semanas un informe tremendo sobre o estado español no que demostra con datos moi empíricos que só hai outro que supera a España en desigualdade: Letonia. E se por xustiza social entendemos igualdade, España é, sen ningunha clase de dúbidas, un lugar inxusto. A famosa ‘Marca España’ que o goberno quere […]

Berrogüetto

21st Febreiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Berrogüetto

http://youtu.be/F6pmnplXeDI Hai dous martes unha amiga xornalista chamábame dende a redacción do medio no que traballa para lerme o comunicado de Berrogüetto no que anunciaban a súa disolución logo de dezaoito anos de traballo musical. A nova, malísima para os que nos declaramos admiradores e fans absolutos, tirou de cen millóns de recordos e de […]

Lennon dixo unha vez…

30th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Lennon dixo unha vez…

Lennon dixo unha vez: “houbo un par de profesores que me prestaron atención, que me animaron a debuxar e a pintar, a expresarme. Pero a meirande parte do tempo empeñábanse en que fose un puñeteiro dentista ou un médico”. A frase pronunciouse hai máis de trinta anos e, probablemente, sigue absolutamente en vigor. Non porque […]

Internet é un berro

20th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Internet é un berro

Terán que pasar moitos anos, pero moitísimos, ata que teñamos a perspectiva temporal suficiente como para sermos quen de ollar cara atrás e comprender a revolución, mellor dito, as revolucións, que internet ten suposto na nosa cultura, tanto a nivel comunicativo como, incluso, político. Grazas a internet comunicámonos máis e mellor. Grazas a internet, e […]

O outro Francisco

13th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O outro Francisco

Lembro que cando foi escollido este Papa, a miña filla, daquela con catro anos, comentara diante da televisión: pero o papá Francisco non es ti? Rimos un cacho aquela noite na casa grazas á súa ocorrencia. Eu respondinlle, por suposto, que si, que o de verdade que era eu e que o que saia na […]

O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta en Catalunya

9th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta en Catalunya

É dabondo significativo que, sobre o asunto soberanista catalán, o que máis semella preocuparlle ao goberno, máis que o resultado do plebiscito é que este chegue a celebrarse. O ministro Gallardón repíteo en canto lle preguntan pola cousa. E insiste: o estado ten medios para impedir a consulta.  Non di, que podería, que o estado […]

Relativizar todo agás a emoción

27th Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Relativizar todo agás a emoción

Hai uns días, Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), entidade que teño a honra de presidir, celebrou un fermoso acto no IES Illa de Tambo, de Marín, para nomear á escritora Fina Casalderrey, Socia de Honra da nosa institución. Un brillantísimo Agustín Fernández Paz, un dos nosos fundadores e que recibiu este galardón […]

Quero liarme coa Pantoja

23rd Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Quero liarme coa Pantoja

O noso mundo é o que é. E non hai outro e non parece que nin vaia haber outro nin que se desexe que haxa outro. E fago esta reflexión escribindo este artigo nun cómodo sofá no MICAtlántica (unha feira das industrias culturais que se celebrou hai uns días en Santiago) e xusto despois de […]

E se UPyD goberna, tampouco pasa nada

16th Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en E se UPyD goberna, tampouco pasa nada

Hai unhas semanas vimos a Rosa Díez afirmar rotunda e con moita seriedade, durante a clausura do congreso do seu partido, que volveu escollela secretaria xeral, que a súa formación ten que ir mentalizándose para, así o dixo, “gobernar España”, é dicir, para gobernarnos a todos e a todos, incluso aos que non nos sentimos […]