Archive for the ‘Sermos Galiza’ Categoría

Políticos medianos

5th Xuño 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

Teño amigas na política polas que poño a man no lume, mulleres dunha valía intelectual demostrada, dunha honradez a proba de bombas e cunha capacidade de traballo que eu nunca terei. Así que as palabras que seguen non son para elas.

Pero todas as demais si: porque vivimos gobernados por unha aplastante maioría de políticos medianos dende un punto de vista intelectual.

Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Merecemos o que nos pasa

25th Maio 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

Que ninguén esqueza que ao PP se lle concedeu a maioría absoluta.

Que ninguén esqueza que, se hoxe houber eleccións, volverían gañar.

Que ninguén esqueza que hai moita xente que non dá entendido que hai outras opcións políticas.

Daquela, merecemos o que nos pasa.

Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

É inevitable

18th Maio 2013 by franciscocastro 2 Comentarios

Os que nos gobernan están roubándonos o estado de benestar, o noso longo dereito pelexado durante séculos.

Pero semella que o aceptamos como inevitable.

Os que tiñan que gardar os nosos cartos roubáronlle os seus á xente e, en moitos aspectos, a todos.

Pero semella que hai que aceptalo como inevitable.

Cando resulta que non. Que non é inevitable.

Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

No 1º de maio, acórdome de todos estes…

1st Maio 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

No 1º de maio, eu acórdome de todos eses que vedes aí na foto.

Aos que, sen dúbida, importa un pemento a situación da clase traballadora. Dirán o contrario, pero impórtalles un pemento.

Mais a historia vai deixalos no seu lugar.

No lugar máis fedorento da historia.

Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A ninguén lle preocupa tanto nazi solto por aí?

27th Abril 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

A xornalista Carme Vidal dixo o outro día, cando saiu este artigo, que había que lelo de día. Que de noite daba medo.

Pero medo dá o futuro se vén así.

Está aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A felicidade é unha almofada

21st Abril 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

Hai uns días publicouse un libro (e xa falei moitas veces da miña devoción pola fotografía coma arte; quizais por iso machaco aos meus seguidores nas redes sociais con fotos e fotos), da autoría de Harry Bason, un fotógrafo que, por un beixo da fortuna uniu o seu nome para sempre aos Beatles pois, cando estaba a piques de sair por asuntos de traballo cara África recibiu unha oferta de The Daily Express para seguilos na súa xira por Francia en 1964. El aceptou, claro, e conseguiu amosarnos uns músicos en pleno éxito, pero dende unha perspectiva íntima, pois hai moitísima foto de dentro dos cuartos do hotel onde practicamente vivían secuestrados durante as xiras daqueles anos. A meirande parte das fotografías, por non dicir case que todas, xa as viramos, os fanáticos, algunha vez. E, de todas elas, hai unha que sempre me gustou por enriba de todas as demais. Bason atrapou o instante feliz en que aqueles catro rapazolos se lían a darse coas almofadas uns a outros, rolando por camas, sofás e moqueta da suite, almofada vai almofada vén. Unha desas fotos é un ataque furibundo dos outros tres sobre un encollido, mentres escacha a rir, George Harrison, que fai o que pode para aturar a festiva malleira.

As caras deses tipos é de absoluta felicidade. Sorrisos grandes, inmensos como o instante preciso que estaban a vivir. Unha almofada usada coma arma inofensiva nun ataque que non quere facer o mal senón turrar da perspectiva mellor da amizade: rir con aqueles que queremos.

A felicidade, penso moitas veces, é unha almofada, unha man, unha boa película no cine, ou non tan boa, pero na compaña perfecta para ese momento. A felicidade, ás veces, é unha chamada de teléfono dunha alma cómplice que te quere e que cho quere dicir. E digo isto e podería dicir outras moitas cousas. E, curiosamente, ningunha desas cousas se vende nas grandes tendas nin é precisa a visa ouro para as gozar como é debido. E a miña reflexión, a nada que a pensedes, é absolutamente revolucionaria, porque está a cargarse directamente a sociedade de consumo.

A felicidade é algo mol, brando, maleable, volátil e ao alcance da man de calquera. Ten que ver coa xente e con nós mesmos e co que decidimos facer coa vida.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un artigo demagóxico sobre as Preferentes

6th Abril 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

As entidades bancarias estafaron, sabéndoo, aos seus clientes, en moitos casos, xente maior e que non entendía que era o que asinaba.

As entidades bancarias, coa complicidade dos gobernos (que son os que teñen que marcar as regras do xogo económico), timaron, sabéndoo, a xente do común conscientemente.

E, por suposto, os gobernos non van obrigar ás entidades bancarias, estafadoras conscientes, a devolver os cartos aos seus lexítimos propietarios que pasan así a ser, ademais de víctimas, humillados.

Pero se dis algo así, chámante demagóxico.

O artigo, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hai dez anos

27th Marzo 2013 by franciscocastro Non hai comentarios

Hai dez anos xa, tres presidentes quedaron de finde nas Azores para se facer unha foto, declararlle a guerra a Iraq e facer un mundo peor, máis inseguro, máis tristeiro e menos feliz.

Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sés

21st Marzo 2013 by franciscocastro 2 Comentarios


Hai uns días descubrín a Sés, unha música de talento, unha muller que me roubou absolutamente a alma e me fixo caer ao chan, impresionado, polo seu talento.

E sobre ela escribín isto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Austericidio

19th Marzo 2013 by franciscocastro 2 Comentarios

Non son reformas inevitables, é un austericidio.
Aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter