Archive for the ‘Galicia Confidencial’ Category

A axenda mental dos políticos

3rd Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en A axenda mental dos políticos

Hai uns días asistín como público á xornada, organizada pola Asociación Galega de Editores, dedicada a falar das Bibliotecas e o seu futuro no entorno dixital. Entre outras conclusións, volveu quedar moi claro que os políticos non entenden, nin lles preocupan, as bibliotecas. Gustei moito da intervención de Jordi Permanyer Bastardas, xerente das Bibliotecas da […]

Saíndo da crise

21st Novembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Saíndo da crise

Mariano Rajoy pasará á historia por moitas cousas. Entre outras, porque foi o primeiro presidente do goberno co costume de falarlle ao pobo que goberna, a distancia. Ou ben dende outro país, ou ben dende unha nebulosa descoñecida que se materializou, nun dos días máis vergoñentos da historia do xornalismo, nunha declaración a través dunha […]

Ecografías

12th Novembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ecografías

Un deputado de Unión del Pueblo Navarro, soltou hai uns días unha das barbaridades máis rancias, estúpidas, parvas e inmorais, de cantas se teñen visto no parlamento español. Sacou unha foto dun feto para ilustrar, e argumentar, que as mulleres xestantes sexan obrigadas, por lei, a ver unha ecografía do feto antes de tomar a […]

Verbas

17th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verbas

É tempo para as verbas. Para dicilas, pronuncialas e saborealas. Palabras coma furacán fervenza vento que cambien o mundo de vez. Vocábulos diferentes a crise, recesión, economía, realidade, non se pode, non se pode. Verbas ditas en voz alta, en definitiva, para cambiar o mundo. É tempo para palabras que emocionen e iluminen, que expliquen […]

Tantosporcentos para asasinar unha cultura

15th Outubro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tantosporcentos para asasinar unha cultura

A min, xa o sabedes, non me gusta nada falar de economía. Como son un tipo entusiasta, ou irreflexivo, nunca atendo aos números na crenza absurda de que o corazón manda máis que o IBEX 35. Mais desta volta si que vou facelo. Quizais porque me estou volvendo vello, ou porque, a fin de contas, […]

Igual son un animal

28th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Igual son un animal

Eu non sei se son un animal porque moitas veces sinto en min cousas máis propias dos bechos que da xente que anda a dúas pernas. Por exemplo, sinto cousas desas, así, animais, cando un touro lle mete os cornos pola carne para dentro a un toureiro. Cando pasa iso non son quen de entristecerme. […]

Que queimen máis monte

18th Setembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que queimen máis monte

Que queimen máis monte, tanto ten. A pesar de que recurtaron en medios antilumes e prevención, a pesar de que eles son os que ao se desentender como o fan case que xa lle prenden fogo ou lle dan o queroseno ao pirómano, a xente vai votarllles igual. ue afundan varios prestiges máis fronte das […]

España sen memoria

25th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en España sen memoria

Hai uns días morreu Videla, un señorito ridículo con bigote ridículo. Seica finou despois de caer no baño e por unha fractura e unha hemorraxia interna froito do impacto contra do chan. E sen desexarlle o mal a ninguén, tampouco aos fillos de puta, cómpre recoñecer que aínda tivo sorte e que non sufriu nin […]

Rouco Varela, director de informativos de TVE

18th Xuño 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Rouco Varela, director de informativos de TVE

Eu quero que Mariano Rajoy nomee director de informativos de TVE a Rouco Varela dunha vez, e que deixen de disimular. Que lle dean un despacho alí dende o que poder dictarlle aos redactores xefes e aos editores dos telexornais, que deben dar como nova e que non. El xa ten relación directa con Deus, […]

Canto político burro…

30th Maio 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Canto político burro…

Canto político burro… Aquí.