Archive for the ‘Galicia Confidencial’ Category

O libro e eu

31st Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O libro e eu

Durante moitos anos, cando era só un peón con opinión e non tiña que ir en coche a todas partes (sempre digo que os da AP9 deberían lanzar un Carnet Plus só para min) non saía de casa sen un libro. Lémbrome pateando Vigo arriba-abaixo lendo pola rúa. Aínda o fago sempre que podo. Levei […]

Para perderse, non ler nin atender

20th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Para perderse, non ler nin atender

Unha das cousas que máis me rebenta de ler no Twitter (e eu leo moito no Twitter) é esa repetición constante e prosmática (seguro que esta verba non existe, pero tanto me ten) de chíos en plan “non te podes perder” ou “imprescindible lectura de” e epopeas lingüísticas polo estilo que pretenden ser informativas e […]

Xustiza Universal

12th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xustiza Universal

O mesmo día no que Rouco Varela, a través dos votos das mulleres e homes do PP, gañaba a votación sobre a reforma do aborto, o mesmo partido gobernante aplicaba o rodillo parlamentar para cargarse o principio de Xustiza Universal. Unha malísima nova que pasou desapercebida afogada polo rebumbio mediático da barbaridade gallardona. Ata o […]

Un dedo para esmagar

10th Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un dedo para esmagar

De entre as moitas e moi xeniais tiras de Mafalda, lembro hoxe unha moi en especial: aquela na que Mafalda fai unha figuriña de plastilina con forma humana (como se fose unha Deusa Demiurga Todopoderosa) e logo vai e a aplasta cun dedo cunha certa cara de sádica. Mafalda, despois de esmagala, falaba do doado […]

Eu escribo para ser eu

3rd Marzo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eu escribo para ser eu

Hai uns días recibín o agradable convite dos amigos do Concello de Vilaboa para ofrecer unha charla- coloquio que titulei ‘Eu non escribo para ser outro. Eu escribo para ser eu”. A idea era falar de como entendo eu o exercicio literario, a lectura, o acto de creación. En definitiva, tentar entender mellor por que […]

Mundo disparate

28th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Mundo disparate

Mundo disparate este, onde se lle presta máis atención aos choros dun futbolista que gaña un premio que ao pranto desconsolado das familias das mulleres asasinadas pola violencia machista. Universo incomprensible este, ilóxico e inxusto onde a xente se apaixona con concursos de suposta cociña, de suposta música, de suposta beleza. Un mundo simulado pois, […]

Liberdade de voto para os e as do PP? Hipócritas!

16th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Liberdade de voto para os e as do PP? Hipócritas!

Algunhas deputadas (e algún Barón, con b) do PP piden liberdade de voto ao seu partido para cando teñan que premer o botonciño cando toque aprobar o da lei do aborto, esa nova normativa inspirada por Rouco Varela e outros homes mullericidas da contorna ideolóxica do partido gobernante. Xa sabedes. E seica a cousa é […]

Privatizar é roubar

8th Xaneiro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Privatizar é roubar

Privatizar é roubar. Iso dicía o outro día un cartaz que alguén esgrimía nunha manifestación ou protesta ou concentración ou desorde ou algo que vin na tele. Pensei: verdade enorme. Pasarlle a mans privadas o que era de todos é unha forma de roubo. Non che é outra cousa máis ca iso. Pódese disfrazar como […]

E as librerías pechando

30th Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en E as librerías pechando

Hai moitas maneiras de radiografar o desastre colectivo. Un deles é o informe PISA, claro que si. Os resultados son os que son e hai que botar as mans á cabeza. Mais hai outros informes que, quizais por seren menos populares, pasan máis desapercibidos aínda que tamén din cousas que nos deben preocupar. Como por […]

Este é un país irresponsable

18th Decembro 2013 by franciscocastro Comentarios desactivados en Este é un país irresponsable

A miña pequecha, de cinco anos, preguntou hai pouco que por que falamos en galego. Toda unha lección de sociolingüística que sendo galega e vivindo en Galicia necesite que se lle aclare esta cuestión que lle preocupa. A pregunta deixa claro que a pequena sabe que na nosa familia somos raros, que falamos raro, que […]