Archive for the ‘Galicia Confidencial’ Category

4000 millóns de euros de beneficio

4th Agosto 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en 4000 millóns de euros de beneficio

Esa é a cantidade que ingresou o estado español durante 2013 por exportacións en material de guerra. Ou o que é o mesmo: na venda e fabricación dese material que termina caéndolle enriba da cabeza a un neno, para rebentarlla, España e outros estados ganan cartos. Coa comercialización desas bombas que rematarán voando sobre as […]

Vivir con menos de 5 euros ao día

21st Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vivir con menos de 5 euros ao día

Dende hai aproximadamente un ano, convivimos con absoluta normalidade cos datos, coma sempre fríos e fríxidos, da pobreza no estado español e no mundo. Montoro di que non, que todos minten, incluso as ONGs vencelladas á igrexa católica. E o mesmo que aprendimos, a forza de ver o negriño comesto polas moscas a que xa […]

Facernos máis fortes

16th Xullo 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Facernos máis fortes

O derradeiro domingo de xuño, como todos os anos, xuntámonos un grupo de amigos e amigas, case que douscentos, arredor de Agustín Fernández Paz para entregarlle o Premio Trasalba 2014 que outorga a Fundación Otero Pedrayo. A cita foi na Casa Grande de Amoeiro. Escoitamos as súas palabras, algúns tivemos a fortuna de poderlle dicir […]

Marty McFly levaba razón

19th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Marty McFly levaba razón

Estaba eu saíndo da adolescencia e, coma millóns no mundo, fun ao cine a ver “Regreso al futuro”, divertida historia na que se nos presenta a un personaxe que, sen dúbida, é xa un dos máis recoñecibles do cinema de todos os tempos. Refírome ao eternamente adolescente de vaqueiros perennes e skate incombustible, Marty MacFly. […]

Sentido Común

16th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Sentido Común

Que os inmigrantes, con papeis ou sen eles, teñen que ter tarxeta sanitaria é de sentido común. Que a escola ten que ser gratuita e pública é de sentido común. Que a República é un sistema de organización política máis xusta e racional que a monarquía é de sentido común. Que as relixións deben quedar […]

Coma os cans en Alemaña (Kiel 2)

5th Xuño 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Coma os cans en Alemaña (Kiel 2)

Paseando por unha cidade alemá coa investigadora galega Antía Marante, comentabamos o silencio grande que, en xeral, había en todas partes: pola rúa, nos cafés, nos centros comerciais… incluso nos pubs, onde aínda que houbese moita xente, podíase falar e escoitar. Un panorama sonoro, dende logo, moi afastado do noso. Non sei se mellor. Diferente. […]

Matar aos obreiros do naval dúas veces

8th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Matar aos obreiros do naval dúas veces

Xusto antes de ler a nova que informa de que o PP se negaba á concesión da Medalla de Galicia aos dous obreiros da antiga Bazán asasinados a tiros pola policía franquista durante unha mobilización do naval o 10 de marzo de 1972 (Amador e Daniel), unha amiga explicábame que a súa empresa, a pesar […]

Igual a Rouco Varela non lle importaba outra Guerra Civil

7th Maio 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Igual a Rouco Varela non lle importaba outra Guerra Civil

A min non me estrañou nada os comentarios do outro día de Rouco Varela durante os funerais de estado polo pasamento de Suárez (que manda truco: no tempo no que el era Secretario General del Movimiento, outros loitaban xogando -e perdendo- a vida, e para eses non hai recoñecemento ningún) sobre que igual se volvían […]

As redes si, para vivir mellor

22nd Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en As redes si, para vivir mellor

Escribo este artigo nunha biblioteca pública nunha cidade que non é a miña. Achegueime á rapaza que estaba detrás do mostrador para explicarlle que o meu iPad quedara sen batería e que necesitaba acceso a internet por asuntos de traballo. Díxome que se non era usuario da biblioteca que non podía. Mais debín de parecerlle […]

Cen anos de Charlot

15th Abril 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cen anos de Charlot

Se da historia do cinema tivese que salvar unha película, sería, por moitos motivos, ‘O gran ditador’ de Charles Chaplin. E se só puidese escoller un nome de actor ou actriz como o mellor de toda a historia do cinema, diría, de novo, o seu nome. Todo isto ven a conta de que leo nos […]