Archive for the ‘DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA’ Category

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Aquel primeiro baile

18th Decembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Aquel primeiro baile

Hoxe déixovos, na miña voz (de non durmir en toda a noite, quizais unha horiña como moito) unha evocación dunha noite, digamos… fecunda. Para complementar a escoita logo debedes oír esta canción de Lennon, que era a que bailabamos. O audio meu, aquí.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘A muller de Alzhéimer’

4th Decembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘A muller de Alzhéimer’

Levaba moitos sábados faltando a esta cita. Cousas do traballo. Cousas lindas. Viaxes. En fin, xa sabedes. Pero hoxe retomo estes recitados. Déixovos na miña voz un poema do que xa vos falei hai tempo. Agora vai na miña voz.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Chamádeme Simbad’

30th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Chamádeme Simbad’

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento do comezo da miña novela para crianzas, Chamádeme Simbad. Estamos no momento no que Paulo, o neno protagonista, está presentándonos ao seu avó, enfermo de Alzhéimer, co que xoga, no sofá. Os dous son piratas, e o salón da casa é un barco. Mais o avó, vai desaparecer. […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Canción para Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en 1936 (1ª parte)

16th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Canción para Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en 1936 (1ª parte)

Hoxe déixovos, na miña voz, a primeira parte do poema que escribín, convocado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, para unha homenaxe literaria a Ánxel Casal, que foi alcalde de Santiago e editor da mítica Nós. Morreu fusilado polos fascistas no 36 polo delito que xa todos imaxinades: galeguista, home de letras, editor, fiel […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘As palabras da néboa’

9th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘As palabras da néboa’

Como cada sábado, déixovos un fragmento, lido por min (hoxe voz ghripalleira) dalgún texto meu. Hoxe queda para que vos descarguedes, un texto do comezo da miña novela As palabras da néboa. Conta o instante no que Antonio de Outeiro, un dos protagonistas da mesma, chega ao peirao de Baiona. Todo é entusiasmo en todos. […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O vello Sinbad nunca volveu as illas’

2nd Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O vello Sinbad nunca volveu as illas’

Como cada sábado, déixovos, na miña voz, un texto. Neste caso vai un relato completo que publiquei no libro que a Asociación de Escritores en Lingua Galega impulsou ás poucas semanas do afundimento do Prestige e que se titulou Alma de beiramar perdida. O meu relato titulouse O vello Sinbad nunca volveu as illas. E […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA

25th Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA

Dende hoxe boto a andar unha nova sección neste blogue, que chamarei Da miña boca á túa orella. Isto vai de que unha vez á semana, tentarei que todos os sábados, recitarei un texto  meu, é dicir, lerei da miña voz un fragmento dun conto (como é o caso de hoxe), recitarei un poema, ou […]