Archive for the ‘DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA’ Category

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Nosoutros’

4th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Nosoutros’

Hai uns anos, e para un programa da TVG, gravei este poema. Igual que o outro día, eu era un pai recente. E neste caso o  meu pequeno foi a inspiración. Aquí volo deixo na miña voz. E tamén o texto Nosoutros Eu son ti Tiesmín somos nosoutros Sherezade Martín Códax Tiesmín Cíes San Simón […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Na mañá dos teus beizos’

21st Maio 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Na mañá dos teus beizos’

Cando naceu a miña pequecha deume por escribirlle un poema. Algo que cando lea o día de mañá lle faga entender os sentimentos que me provocou a súa chegada. Tituleino Na mañá dos teus beizos. É simple. Como o amor que lle temos aos fillos e ás fillas. Queda, na miña voz, aquí.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Riobó

14th Maio 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Riobó

Estes días está falándose, e moito, do debut discográfico de Riobó, un grupo galego que está chamado a brillar e moito, no noso panorama musical máis moderno. Unha formación que bebe da tradición para reinventala e dárnola fresca coma sempre, e chea de vida. Á fronte, unha violinista excepcional cunha presenza escénica engaiolante. Poucos profesionais […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Memorial do infortunio’

16th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Memorial do infortunio’

Hoxe déixovos na miña voz o inicio do Capítulo 3 da miña novela de 2003, Memorial do infortunio. Trátase do intre no que Toribio de Celanova, a piques xa da morte, comeza a confesión diante do notario Carlos de Balboa, para que tome nota de todo o que viviu, absolutamente extraordinario, cando entrou, con outros, […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Leonor á maneira do amor cortés’

26th Marzo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Leonor á maneira do amor cortés’

Hai anos, cando en La Voz de Galicia, nesa gran iniciativa que é os Relatos de Verán, convidaban a escritores e escritoras, cada día un, publiquei este que me pediron, ilustrado por Xaquín Marín. Un relato de amor desesperado, cheo de retranca, pastillas e irrealidade. Na miña voz, aquí.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Hai un mar

12th Marzo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Hai un mar

Hai uns anos publiquei un poema que titulei Hai un mar a petición dos responsables da revista Ave Fénix que escriben os internos do cárcere de Monterroso. Foi unha linda experiencia que hoxe comparto con todos vós, na miña voz, aquí.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Fe

5th Marzo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Fe

Hoxe déixovos, na miña voz, un poema de amor. Publiqueino hai un par de anos nunha revista cubana. Podedes escoitalo aquí.

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Eu fun un best seller da literatura galega

26th Febreiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Eu fun un best seller da literatura galega

Hoxe déixovos na miña voz un artigo que publiquei hai anos en La Voz de Galicia, cando me pediron unha reflexión arredor dos best-sellers, dado que o meu Xeración Perdida levaba moitas semanas como libro máis vendido das súas listas. Fixen unha reflexión realista: ser súpervendas en castelán implica que si que vendes moitos exemplares; […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Esta lingua non quere vivir na favela

29th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Esta lingua non quere vivir na favela

Hai dous anos, en Arántzazu, Euscadi, nun descanso das xornadas daquel Galeúsca inesquencible, nunha das follas da carpeta que nos deron aos participantes, escribín este poema sobre a lingua. Daquela estaban empezando os galiciabilingües a montar a teoría da imposición. En fin, vós xa sabedes. Déixovos o audio, aquí. A imaxe que preside estas liñas, […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Os curiosos mecanismos da inspiración

8th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Os curiosos mecanismos da inspiración

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Vs5qsk0pc6Y” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe deume por cambiar un pouco esta sección e, en troques de lervos un texto meu xa publicado, como foi ata o de agora, decidín abrir o micro e reflexionar en voz alta, así, en pixama e zapatillas, mentres aí fóra chove a cachón, coa voz aínda durmida e […]