Archive for the ‘DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA’ Categoría

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Terra’

5th Novembro 2011 by franciscocastro Non hai comentarios

Hai un tempo, o artista Anxo Cabada pediunos a un grupo de escritores e escritoras que escribiramos un texto arredor dunha foto para a exposición Terragrafías. A min envioume esta que aquí vos deixo.

Inspiroume o poema ‘Terra’, que agora podedes escoitar, recitado na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Play-Back’

1st Outubro 2011 by franciscocastro 6 Comentarios

No ano 1997 eu decidira non volver escribir máis. Xa perdera a conta das editoriais que me rexeitaran unha boa chea de orixinais. Por outra banda, nos concursos literarios non tiña sorte ningunha. Tiña a sensación de que tanto esforzo (horas e horas todos os días durante anos), non ía levarme a ningures.

Xa como unha derradeira e definitiva opción, enviei unha novela que titulei Play-back ao Lueiro Rey de Novela Curta. Para escribila pasei tempo falando con músicos de verbena (normal, son un músico frustado e daquela achégome á música doutros xeitos) e novelei unha historia sobre Lisardo, un trompetista que monta a Orquestra Edén e que axiña bate contra das mafias que, cando menos naquela altura (non sei hoxe) gobernaban o asunto das contratacións, subcontratacións, vendas e revendas de grupos, etc.

Para a miña sorpresa, a novela gañou. E dende aquel día, a verdade, a miña sorte como literato mudou moito. Play-back foi pesimamente editada e peor distribuída pola Deputación de Pontevedra e, ata onde eu sei, non existen exemplares por ningures.

Hoxe déixovos un fragmento, na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Recitando a Lois Pereiro

3rd Setembro 2011 by franciscocastro 2 Comentarios

Hai uns días, e como vos comentaba onte, o artista Alberto Granada inauguraba a súa exposición ‘Lois Pereiro no Pazo de Tor’ e na que participo lendo un poema do monfortino.

Nesta ligazón déixovos o traballo que forma parte da instalación feita por Granada para a exposición. Atoparedes as voces todas dos e das que colaboramos. Eu ando polo minuto catro ou así.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Outro fragmento máis de IN VINO VERITAS

20th Agosto 2011 by franciscocastro 2 Comentarios

Como este luns presento IN VINO VERITAS en Sanxenxo (20’30. Sede Náutica Novacaixagalicia, acompañado de María Solar), e como hoxe é sábado e sempre vos deixo un texto lido na miña voz, vai outro fragmento da novela.

Estamos no instante no que Carolina Vilabranca, a muller fatal da novela (e que podería ser a da foto que vos deixo), entra por vez primeira no despacho de Míguez, o detective que a protagoniza. Entrégalle unhas fotos de contido sadomasoquista nas que aparece, feliz da vida e pasándoo de marabilla, o seu respectabilísimo marido, Lois Durán.

O texto, na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Outro fragmento de IN VINO VERITAS

30th Xullo 2011 by franciscocastro 10 Comentarios

Como o martes ás sete presentaremos na Feira do Libro da Coruña a nova novela, déixovos hoxe outro fragmento na miña voz.

Corresponde, como os outros que xa vos deixei outros sábados, aos instantes iniciais, cando unha muller e un home, que aínda non coñecemos nin sabemos quen son, comezan un dos xogos máis fermosos e interesantes que dous adultos poden iniciar: o da seducción consciente. Ese que sabe que os vai levar á cama. Xustamente aí onde queren ir.

Déixovolo, na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á MIÑA ORELLA: Fragmento de IN VINO VERITAS

23rd Xullo 2011 by franciscocastro Non hai comentarios

Esta será unha semana completiña no que se refire a actos arredor de IN VINO VERITAS. O luns, Día da Patria Galega estarei no Festigal, no Campus Sur de Santiago, contra as 16,45, acompañado de Carlos Lema, director literario de Galaxia e a profesora e investigadora Malores Villanueva. O mércores, a partir das 20 horas, andarei pola sección de librería de El Corte Inglés de Vigo, asinando exemplares desta ou doutras obras. Estades todas e todos convidados a ambos os actos. Será un pracer vervos.

Hoxe e como cada sábado, deixo un texto meu lido por min. Neste caso, é un fragmento desa novela. Corresponde ás primeiras páxinas, cando Xulio Míguez, o detective protagonista, vai pasar a noite do venres vendo o programa de telelixo no que traballa a súa amiga, da que está profundamente namorado dende hai anos, Marta Ruíz. Para el é unha cómoda rutina: abrir un bo viño, quitarlle o son á tele, e observar á súa amada.

Déixovolo na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

PEL CON PEL

16th Xullo 2011 by franciscocastro 2 Comentarios

Hai un ano publicamos en Galaxia un libro titulado Pel con pel e no que participamos dez poetas galegos. O tema era o aleitamento materno. Cada un e cada unha de nós tirou por onde lle pareceu, como é lóxico.

Eu -repítome, que lle vou facer: a poesía serve para expresar as emocións- escribín un poema para a miña nai, doente de alzhéimer, a mesma que me aleitou cando era memoria e vida.

Déivolo agora recitado por min, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Escoita o primeiro capítulo de ‘In Vino Veritas’

2nd Xullo 2011 by franciscocastro 1 comentario

A miña nova novela, In Vino Veritas (Ed. Galaxia), que presentarei este martes ás 20,30 na Feira do Libro de Vigo, xa está nas librerías.

Déixovos o primeiro capítulo da novela, na miña voz, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O segredo de Marco Polo’

25th Xuño 2011 by franciscocastro 2 Comentarios

Hai case que un ano saía ás librerías O segredo de Marco Polo. Dende aquela xa coñeceu dúas edicións e navega feliz por moitas partes.

Hoxe déixovos aquí un fragmento na miña voz. Correspóndese co comezo, cando o soldado-namorado lava as súas roupas de madrugada fóra do cuartel, co medo a ser descuberto o cal podería ser a súa ruína. Precisa estar elegante porque ao día seguinte vai estar nun acto oficial coa Principessa de Venecia, a súa amada… aínda que ela nin sequera saiba da súa existencia.

Podédelo escoitar aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O ceo dos afogados’

18th Xuño 2011 by franciscocastro Non hai comentarios

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento da novela que no ano 2007 foi finalista do Premio Caixa Galicia de Narrativa Xuvenil. Aínda que non gañou, no 2009 recibiu o premio dos escolares galegos que lle outorgaron o Frei Martín Sarmiento.

Probablemente é, de todas as miñas obras infanto-xuvenís, a máis traballada tecnicamente, a máis elaborada.

O fragmento que vos deixo, conta o espanto dun mergullador ao descobrir que unha masa negra xigantesca lle pasa por debaixo a unha velocidade incrible. Para saber o que é, xa sabedes, hai que ler a novela :)

Escoitade aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter