ESCOITA O PRIMEIRO CAPÍTULO DE ‘CHAMÁDEME SIMBAD’
6th Outubro 2010 by franciscocastro 2 ComentariosA semana pasada presentouse o programa Oes, eu leo!, comandado pola Xunta e que ten como obxectivo poñer nas bibliotecas de todo o país, cedés con fragmentos de obras literarias destinadas ao público infantil, ben narradas e con música (vamos, un audiolibro en condicións), para que, despois de oílos, teñan a gusto de coller o libro e lelo completo.
Un dos libros seleccionados foi o meu Chamádeme Simbad. Para a gravación botouse man da música de Reza Manzoori, ‘Plaiocchie’ e de Vrack, ‘Mishto’ e ‘La traverzèe du desert’. Todo contado coa voz de Susana Dans.
Podedes descargar o audio aquí.


