Aquel día en que fun monárquico

Posted by franciscocastro - 05/01/18 at 03:01 p.m.

Reparade nese rei Gaspar. Foi na Cabalgata de Vigo (hoxe estarei alí apañando caramelos) do ano 2012. As crónicas de prensa do día seguinte dicían que Gaspar parecíase a Francisco Castro. Creo que si. Reparade ben nesas gafas. Ten un aire. Si, creo que si. De feito, aquel rei mago falaba galego, e foi entrevistado na TVG e foi moita a xente que recoñeceu a voz…

Lembro aquel día como un dos máis divertidos da miña vida. Sentinme xusto así. Coma un rei.

Eu, republicano, encantado no meu papel de monarca, axitando as mans, aclamado por unha multitude que me amaba. Feliz.

Foi o meu día monárquico.

O meu día inesquecible.

Deixa unha resposta