Archive for Novembro, 2017

A música e eu

21st Novembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

(Na Semana de Santa Icía, na Semana da Música). De cativo estaba sempre co xiradiscos DUAL do meu irmán. Pousábao no chan e puña o LP ‘A hard day’s night’ dos Beatles unha e outra vez. Daquel aparello fascinábame a cor gris do altofalante (que tamén facía funcións de tapa). Era esponxoso e como puña […]

Papá. Leonard Cohen

7th Novembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

  Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non  hai. Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues […]

REALIDADES

6th Novembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Cando estudei Filosofía (son un tipo moi culto) fiquei moi impresionado con dous autores de nome, xa de seu, sedutor. Falo de Wittgenstein e Heidegger, apelidos que indican sabedoría aínda que o primeiro fose un antisocial e o segundo un nazi. Con ambos os dous aprendín algo que os filósofos levan toda a vida explicando […]

O incrible home-bala

3rd Novembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Agora odio os circos, pero cando era neno un dos momentos mellores do ano era cando instalaban o Circo, así con miaúsculas. Inzaban as paredes con carteis de pallasos, trapecistas e leóns. De todas as visitas ao Circo, a mellor foi cando chegou O Incrible Home Bala. O cartel era un canón xigantesco cun fulano […]