Archive for Setembro, 2017

Se quixesen solucionar o de Cataluña…

20th Setembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista. Se […]

A necesidade de coidar das palabras: golpe de estado, Cataluña nazi, pederastia…

19th Setembro 2017 by franciscocastro 2 Comments

Hai que coidar as palabras, que non é tan difícil. Hai que evitar falar tan lixeiramente como se fai por aí con moi mala uva. Porque estamos a escoitar falar polo asunto catalán (polo asunto español) de “golpe de estado” con total naturalidade. Repíteno continuamente e, insisto, lixeiramente: isto é un golpe de estado, están […]

A ollada náufraga 5: Vida extraterrestre

18th Setembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Teño na casa, encadernados moi vistosamente, os exemplares da mítica revista estadounidense LIFE entre os anos 1962 e 1970. Grazas a iso, podo revisar as crónicas da época sobre algúns asuntos que sempre me interesaron moito, como son o nacemento, auxe e caída dos Beatles, a guerra de Vietnam segundo ía acontecendo, e a carreira […]

Unha obviedade sobre a Fundación Francisco Franco

12th Setembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Levo mantendo dende hai tempo que, alén da devolución ao pobo do Pazo de Meirás (e das esculturas da catedral de Santiago en poder da familia), o que cómpre facer coa Fundación Francisco Franco (que xestiona as visitas, pero impedindo que ninguén o visite) é ilegalizala. Por que? Pois por algo moi obvio que vou […]

Lendo o Principiño coa miña nena (sobre o hábito de ler)

11th Setembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Onte, cando a miña pequena se deitou, máis cedo que durante os tres meses anteriores, porque hoxe empezou 4º de primaria e tocaba madrugar, eu fíxeno, como cada noite, ao seu carón porque é o momento do conto, da historia, da ficción, da lectura. Un hábito que ten, como no seu día o seu irmán, […]

Libros e libros e libros e libros

1st Setembro 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Libros. Levo mercando libros dende a infancia e teño tantos tantos tantos tantos que me vexo obrigado a colocar uns enriba de outros, apertados nas moitas estanterías de casa (no salón, en todos os cuartos, de momento sálvanse os baños) e penso, calquera día van rebentar, caerán todos e morrerei aplastado debaixo deles, que morte […]