Archive for Agosto, 2017

A ollada náufraga 4: Acetona

31st Agosto 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en A ollada náufraga 4: Acetona

Falaba o outro día cunha amiga máis ou menos da miña idade, de que agora as nenas e os nenos xa non teñen acetona. Eu tiña todo o tempo acetona. Cada pouco, pasaba un día enteiro vomitando, botando literalmente os fígados, sobre todo porque a miña nai insistía en que tomase infusións que aínda hoxe […]

A mirada náufraga 2: O bulbo raquídeo

2nd Agosto 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en A mirada náufraga 2: O bulbo raquídeo

Non sabemos se iso de ter “sede de xustiza” por empezar en bíblico, é ou non algo natural, ou sexa, algo que levamos no bulbo raquídeo, que é ese sitio que non temos moi claro onde está mais que serve para situar nel todo canto comportamento pensamos que é atávico, natural ou inevitable (nada é […]

O avión do odio de HAZTE OÍR (deberían chamarse HÁZTELO VER)

2nd Agosto 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en O avión do odio de HAZTE OÍR (deberían chamarse HÁZTELO VER)

Teño un recordo de cando era moi neno e meus pais me levaban á praia d’Os Olmos de Vigo: unha avioneta de NIVEA tirando balóns sobre unha rapazada histérica (eu era un deles) á procura dun daqueles inchables azuis que deveciamos por ter. Lembro ese momento en cores apagados, coma unha foto dos anos 70. […]

Perverso. Pervertidos. Perversión.

1st Agosto 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Perverso. Pervertidos. Perversión.

Hai algo de perverso, de enfermizo, de soez, nas caras desas persoas que saen a apoiar a Cristiano Ronaldo, a Messi, que os aclaman, que saen á rúa a berrar que están con eles, que moito ánimo, que es o mellor. Hai algo que ten que estar mal aí. Se colles os vídeos e paras […]