Archive for Xullo, 2017

A mirada náufraga 1: O tempo

21st Xullo 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

O tempo. Aquel señor de pelo estrambótico e lingua por fóra explicou que era relativo. Debe de ser. Iso penso dende os meus 50 anos que me chegaron sen que me decatase. Pero non é diso do que quero escribir, senón da relatividade do tempo, desa evidencia física incomprensible que nos di, e aceptamos, que […]

O barco racista e o 18 de xullo

18th Xullo 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Hoxe soubemos que unha asociación xenófoba de ultradereita (perdón pola redundancia) chamada “Defend Europe” conseguiu 100.000 euros en donacións para fletar un barco co que percorrer o Mediterráneo para impedir a chegada de barcos con refuxiados e dificultar o labor das ONGs que traballan con esta pobre xente. Indican, ademais, que “intervirán” se ven “algo […]

Morrer no traballo

14th Xullo 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Na película “12 anos de escravitude” de Steve McQueen,  hai unha escena especialmente brutal (das moitas que hai). Refírome ao momento no que, baixo do sol agotador do sur dos Estados Unidos, na plantación de algodón onde o pobre protagonista vive a súa traxedia (era un negro libre, pero foi secuestrado -no Norte, onde xa estaba […]

A xente

12th Xullo 2017 by franciscocastro Non hai comentarios

Onte coñecín unha persoa que ten moitos animais na súa casa. Non cans nin gatos senón outros, tanto ten cales, que eu nunca vira en casa ningunha. Explicoume todo o que implica telos: gastos veterinarios, de alimentación, de acondicionamento (un deles, de feito, ten que estar o 75 por cento do día en escuridade absoluta […]