Archive for Maio, 2017

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 5: CARBÓN Y RAMAS SECAS

30th Maio 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 5: CARBÓN Y RAMAS SECAS

Dende moi cativo atendo moito ás letras das cancións. Hai quen só queda coas melodías. Para min unha boa canción pode ser excelsa só por un verso. E, de feito, hai algúns que, directamente, me deixan sen aire. Manolo García é un dos músicos máis singulares do panorama musical español dende hai máis de trinta […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 4: BLUES DE MAR

25th Maio 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 4: BLUES DE MAR

Cando a alguén se lle pregunta polas “cancións da súa vida”, adóitase ir á infancia e á xuventude, nunha actitude melancólica que non sempre é, ao meu ver, a máis saudable. Aínda que eu tamén o fago, claro, e as músicas que trouxen a esta serie, e as que traerei, caen nese tópico inevitable, porque […]

10 Cancións (posibles) da miña vida. 3: WHATEVER YOU WANT

23rd Maio 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 Cancións (posibles) da miña vida. 3: WHATEVER YOU WANT

Esta canción dos Status Quo leva acompañándome toda a vida e, de feito, cando collo a guitarra eléctrica na casa, móntoa. Ou cando quedaba cos amigos (temos que recuperar iso, por favor) para tocar no estudio, esta non falta nunca. Recordo cando a toquei (máis ou menos) por vez primeira. El igual non o lembra […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 2: IF I FELL

12th Maio 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 2: IF I FELL

Cando era pequeno, o meu irmán tiña un “tocadiscos” DUAL. Era unha máquina pequerrecha coa tapa que facía de altofalante. Era de cor beige e eu xogaba a poñer os discos e imaxinaba que os Beatles vivían dentro daquel altofalante. Cantaba, daquela, o ESPINAJAU, que era (de feito sigo facéndoo así) como eu cantaba, co […]

10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 1: DON`T LET ME DOWN

9th Maio 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en 10 (POSIBLES) CANCIÓNS DA MIÑA VIDA. 1: DON`T LET ME DOWN

Comezo hoxe unha serie de 10 post para tentar explicar estes primeiros 50 anos da miña vida a través de 10 cancións. Poderían ser outras. Pero son estas. Esta canción dos Beatles, aínda que asinada coma sempre por Lennon-McCartney, en realidade era de John. Interpretárona en directo, nun improvisado concerto na azotea do seu edificio […]