Archive for Abril, 2017

Cando o goberno financia o odio

27th Abril 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando o goberno financia o odio

Hoxe espertamos coa nova de que o goberno de Rajoy repartiu xa máis de un millón de euros entre asociacións homófobas e ultracatólicas, grupos que organizan manifestacións onde é frecuente ver a bandeira preconstitucional, brazos en alto e vivas cara al sol. Todas elas (está todo aquí) destacan pola súa virulencia á hora de atacar […]

Cando os incendios non importan

24th Abril 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando os incendios non importan

De pequeno sabía que comezaba o verán non porque Puri, a da tenda, sacase o cartel dos Helados Camy. Nin sequera porque acabasen as clases. Sabía que chegaba o verán porque o avión da ICONA sobrevoaba os ceos collendo auga diante da miña casa para lanzala sobre as lapas dos moitos incendios que había por […]

O compromiso necesario

18th Abril 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en O compromiso necesario

Tal día coma hoxe, hai 62 anos, morría Albert Einstein. Poucos intelectuais coma el teñen adquirido a condición indiscutible de Sabio, así, con maiúsculas. Por iso, as súas citas (as reais e outras inventadas que se lle poñen na boca e que nunca dixo, pero que lle acaen ben) andan decote por todas partes movéndonos […]

Igual o fútbol non é para tanto

12th Abril 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Igual o fútbol non é para tanto

A todos nos ten pasado algo así: estamos noutro país e pregúntannos de onde somos. E dicimos, no meu caso, “de Galicia”. Cando vexo que se lles pon, como adoita suceder, cara rara, matizo, “España”. Aí xa o teñen todos claro, pero se insisten en saber máis, digo “Vigo”. En moitas ocasións, o noso interlocutor di: […]

Reclamo o meu dereito a vivir nun estado aconfesional

10th Abril 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Reclamo o meu dereito a vivir nun estado aconfesional

Todo o mundo entende e ve como normal que os alcaldes e alcaldesas deste país que non é confesionalmente católico, participen nos actos da Semana Santa, presidindo as procesións ou bendicindo ramos ou o que sexa. Quen di o alcalde di o exército ou a policía vestida con uniforme de gala, como se ve en […]