O 82 % DOS NENOS E NENAS DE GALICIA NON APRENDEN A FALAR EN GALEGO

Posted by franciscocastro - 02/03/17 at 03:03 p.m.

Cando a semana pasada celebramos o Día da Lingua Materna coñecemos algúns datos abraiantes como que só o 18 % dos nenos e nenas DE GALICIA aprenden a falar en galego ou, dito doutra maneira, que o 82 % das nenas e nenas DE GALICIA (non de Australia ou de León, poño por caso) medran EN GALICIA e non aprenden a falar ben en galego.

Os datos veñen dunha fonte tan pouco sospeitosa como é o Instituto Galego de Estatística e que sinala nun estudo recente que áreas como as de A Coruña e Vigo, é dicir, onde se concentra a meirande parte da poboación galega, presentan cifras de galegofalantes inferiores ao 20 %.

Se alguén é quen de dicirme que isto non é unha traxedia, pois iso, ánimo e que mo explique.

Os comentarios están pechados.