Tejero e Gutenberg

Posted by franciscocastro - 23/02/17 at 03:02 p.m.

Hai 36 anos, concretamente o 23 de febreiro de 1981, vin chorar á miña nai por segunda (aínda houbo unha terceira) vez na vida. Tejero, un señor gris con bigote, pegaba tiros no Congreso dos Deputados e ordenaba que quieto todo el mundo. El, e a manda de fascistas que o apoiaron (e outros que tamén o apoiaron e aínda non sabemos nin probablemente saberemos quen eran por iso dos segredos de Estado e demais timos democráticos) dicían que querían cambiar a historia. Xa sabedes como: lista de xente a fusilar (que xa a tiñan feita), control dos medios de comunicación (a información é perigosa), e ninguén polas rúas, toque de queda (a liberdade fódelles un mundo).

Hai 626 anos, concretamente o 23 de febrero de 1455, Johannes Gutenberg imprime en Mainz a Biblia, sen dúbida, un dos fitos máis importantes da historia da  humanidade. Tirou do prelo 180 exemplares. O impresor tivo que pedir cartos para poder facer o traballo e como nunca foi quen de devolver o que lle prestaran, denunciárono, perdeuno todo, e acabou na ruína.

Este si que cambiou a historia. Este si.

Os comentarios están pechados.