Archive for Febreiro, 2017

Pido respecto!

28th Febreiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Pido respecto!

O título deste artigo é unha provocación, si. Mais tamén a diagnose dunha situación inxusta. Porque á literatura infantil e xuvenil, aos escritores e escritoras para os máis pequenos e pequenas, non se lles respecta. Case que ninguén o fai. Son moitos os que miran para eles con superioridade, case que perdoándolles a vida, como […]

Tejero e Gutenberg

23rd Febreiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tejero e Gutenberg

Hai 36 anos, concretamente o 23 de febreiro de 1981, vin chorar á miña nai por segunda (aínda houbo unha terceira) vez na vida. Tejero, un señor gris con bigote, pegaba tiros no Congreso dos Deputados e ordenaba que quieto todo el mundo. El, e a manda de fascistas que o apoiaron (e outros que […]

Eu xa viaxei a…

22nd Febreiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eu xa viaxei a…

Onte entrevistáronme nunha radio e unha das preguntas que me fixeron foi a onde me gustaría viaxar. Dixen que a todas partes e que non vai chegarme unha vida para ir a tantos sitios como me gustaría. Incluso engadín que, de existir a posibilidade dunha liña aeroespacial que me puxese na Lúa ou en Venus […]

Ver números ou ver serpes (unha clase política inculta á que non lle preocupan os libros)

10th Febreiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ver números ou ver serpes (unha clase política inculta á que non lle preocupan os libros)

Antoine de Saint-Exupèry escribiu un dos libros máis redondos da historia da literatura, como é “O Principiño”. Por moitos motivos. Entre outros, polo seu comezo, cando se fai aquela reflexión sobre a xente adulta e a xente cativa e nos deixa claro que o que lles gusta aos adultos son os números mais que o […]