Archive for Xaneiro, 2017

A literatura que nos salva a vida

31st Xaneiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en A literatura que nos salva a vida

Leo que cando Oscar Wilde foi condenado ao cárcere e a ingresar no durísimo penal de Reading (eu vino por fóra hai anos e estarrece imaxinar o frío que tivo que papar alí dentro, ademais da fame), decidiu levar moi poucas cousas con el pero, entre outras, levou “A illa do tesouro” de Robert Louis […]

Darwin e as novelas con final feliz (artigo 1 da Era Trump)

20th Xaneiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Darwin e as novelas con final feliz (artigo 1 da Era Trump)

Lendo sobre Darwin, un home que sempre me fascinou e sobre o que levo lendo dende hai décadas, descubro algo que non sabía: que só lía novelas das que soubese que tiñan un final feliz. Pareceume un dato marabilloso. Un detalle vital tenro. Como non sentir iso diante da imaxe dun velliño gastado pola vida […]

Librerías que nos namoran

6th Xaneiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en Librerías que nos namoran

Empezamos o ano con datos optimistas no que se refire a vendas de libros. Logo da caída brutal do consumo de libros en España dende o inicio da crise en 2008 (caída de aproximadamente o 40 % das vendas en librería), a “Confederación de Gremios y Asociaciones de Libreros” informa de que 2016 remata cunha […]

A lectura en dixital. A lectura.

2nd Xaneiro 2017 by franciscocastro Comentarios desactivados en A lectura en dixital. A lectura.

Pregúntaseme seguido polas estratexias que cómpre desenvolver para que medre de vez o consumo de eBooks entre nós. Sobre que se me ocorre para que o formato dixital despegue. Que hai que facer para que todas e todos entendan que a lectura dixital e a descarga dos libros (ou a lectura contra a Nube, á […]