Eu tampouco faría o minuto de silencio

Posted by franciscocastro - 23/11/16 at 03:11 p.m.

barbera

Vaia por diante, para que ninguén pense parvadas, que sinto moito a morte de Rita Barberá. Non lle desexaba ningún mal. De feito, non lle desexo ningún  mal a ninguén así estea nas antípodas de min, do que eu penso ou do que eu son. A ninguén. Nin ao ser máis desprezable do mundo se o coñecese.

Hai revolta nas redes porque algúns deputados decidiron non facer o minuto de silencio e saír do Congreso cando tal cousa se planteou.

Eu tería saído tamén.

Os símbolos son moi importantes. E gardar silencio por unha morte, é un símbolo importante. Cando se garda un minuto de silenzo é porque se entende que hai unha perda grande e que hai que homenaxear a alguén que fixo un ben ou, cando menos, que non fixo moito mal, con ese silenzo, con ese recordo sentido. Mais non parece o caso. Insisto: lamento a súa morte. Moito. E non é impostura. Creo que era importante que morrese de velliña logo de “cantar” todo o que tiña que contarlle ao xuíz e xa non vai poder dicir. Que morrerse de vella e cunha vida plena. Dígoo sinceramente porque desexo iso para todas e para todos. Mais insisto: cómpre entender os símbolos.

Aínda non vin ao PP solicitar un minuto de silenzo polas mulleres mortas a mans do machismo. Ou polas vítimas do franquismo que eles siguen sen condear. Por poñer dous exemplos. É máis, estou certo de que nin sequera se lles pasa pola cabeza.

Os símbolos son importantes. O templo da democracia (por dicilo en cursi), que é o Parlamento, ten que gardar un minuto de silenzo por miles de persoas que o merecen. Creo que este non era o caso.

Os comentarios están pechados.