Kerouac. O torrente. A literatura

Posted by franciscocastro - 21/10/16 at 02:10 p.m.

kerouac_by_palumbo_2

Hoxe conmemoramos 47 anos do pasamento de Kerouac. Da súa obra quedo, máis que co famoso “No camiño”, con “A vaidade dos Duluoz”, impresionante crónica da súa familia, da súa aprendizaxe vital (incluído o seu pasado como exitoso xogador de fútbol americano na universidade) e, sobre todo, do descobrimento da literatura que se convirte na luz da súa vida, no norte e no seu proxecto existencial.

Foi un autor dos que xa case que non quedan. Un escritor pendente, cunha coherencia abraiante, da súa obra e nada do mercado. Consciente do que quería contar e nada centrado en modas, en tendencias nin nada diso que lle preocupa a moita xente que escribe hoxe en día e que confunde escribir con vender, construir historias con acertar cos gustos do público, publicar con entrar en listas de éxitos. Sabía que nada vale máis que un verso ben construído, unha frase que estremeza, un parágrafo que nos rompa pola metade.

Coma escritor quero iso.

Vanidad de los Duluoz.indd

Os comentarios están pechados.