A piques dos meus 50

Posted by franciscocastro - 20/10/16 at 02:10 p.m.

fc

A piques dos meus 50

pídolle á vida forza para seguir cambiando.

A piques dos meus 50

pídolle

algunha rectificación

ningunha melancolía

e afouteza

para ver as cousas dende enriba e entendelas ben.

A piques dos meus 50

xa só aspiro a sorrisos sinceros

algunha complicidade

e ningunha falsa caricia nas costas.

A piques dos meus 50

xa non vexo cara atrás nin cara adiante.

Agora comigo. Aí.

Os comentarios están pechados.