Archive for Outubro, 2016

“Lo verdaderamente importante vive en los libros”

31st Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en “Lo verdaderamente importante vive en los libros”

Entrevista en El Correo Vasco co gallo do lanzamento de TIENES HASTA LAS 10. Podes lela aquí.

É posible unha industria de contidos dixitais en Galicia?

26th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en É posible unha industria de contidos dixitais en Galicia?

O vindeiro venres participarei nunha Mesa Redonda, baixo o título É POSIBLE UNHA INDUSTRIA DE CONTIDOS DIXITAIS EN GALICIA?, en Pontevedra, ás 17.30, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, como membro da Asociación Galega de Editoras, dentro das xornadas do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación. A actividade poderá seguirse en directo dende aquí. […]

Bibliotecas sen recursos

24th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Bibliotecas sen recursos

Hoxe é o Día da Biblioteca e a rede e os medios de comunicación tradicionais énchense de mensaxes que nos lembran o seu labor e a súa importancia. Sobre iso, dende logo, nada temos que engadir. Só sumarnos ás mensaxes colectivas de amor a estes recintos sen os que, dende logo, algúns non seriamos quen somos. […]

Kerouac. O torrente. A literatura

21st Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Kerouac. O torrente. A literatura

Hoxe conmemoramos 47 anos do pasamento de Kerouac. Da súa obra quedo, máis que co famoso “No camiño”, con “A vaidade dos Duluoz”, impresionante crónica da súa familia, da súa aprendizaxe vital (incluído o seu pasado como exitoso xogador de fútbol americano na universidade) e, sobre todo, do descobrimento da literatura que se convirte na […]

A piques dos meus 50

20th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en A piques dos meus 50

A piques dos meus 50 pídolle á vida forza para seguir cambiando. A piques dos meus 50 pídolle algunha rectificación ningunha melancolía e afouteza para ver as cousas dende enriba e entendelas ben. A piques dos meus 50 xa só aspiro a sorrisos sinceros algunha complicidade e ningunha falsa caricia nas costas. A piques dos meus […]

O Nobel para Dylan, claro que si

19th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en O Nobel para Dylan, claro que si

Non podo máis que alegrarme porque a Bob Dylan lle desen o Nobel de Literatura. Malia o moito que me gusta Philip Roth e o moito que considero que o merece, o meu segundo desexo era que o premiasen a el. Así que cando recibín a nova non puiden máis que alegrarme mundos. Entendo que […]

A pobre xente da cultura

10th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en A pobre xente da cultura

A finais da pasada semana, AISGE, a asociación que defende os dereitos da xente da escena (teatro, cine, televisión) informaba duns datos absolutamente terroríficos (dramáticos, nunca mellor dito): que case que a metade dos profesionais galegos (48 %) non ten traballo do seu e que o 34 por cento dos actores e actrices de Galicia son tecnicamente pobres […]

Os Libros. O amor.

5th Outubro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os Libros. O amor.

Veredes: empecei a miña biblioteca cando era un cativo moi pequeno. Nunha mesa branca que tiña no cuarto que compartía co meu irmán e que servía para estudar (aínda que a min o que me gustaba era estudar na mesa da cociña; a día de hoxe escribo sempre que podo na cociña, non sei por […]