España ama a guerra. Negocia con ela. Vaille ben con ela.

Posted by franciscocastro - 29/08/16 at 02:08 p.m.

nic3b1a-y-madre

España vende armas a 78 países do mundo. A guerra, pois, é un negocio. A guerra, a saber, a morte de nenos e nenas, a mutilación de seres humanos, a dor, é un negocio para España. Un país decente non debería comerciar con isto. Pídolle a quen goberne que asuma o compromiso de renunciar a tanta pasta manchada de sangue.

España é un dos principais países exportadores de armas do mundo. É potencia mundial. Non en índices de lectura, precisamente. Si na fabricación e rendabilidade no mercado, duns produtos que deixan morte, fillas e fillos orfos, e moita, moitísima violencia. Non quero vivir  nun estado que se lucra disto.

España triplicou a súa produción dende 2010 e entre os países cos que se comercia (en morte, non o esquezamos) están Arabia Saudí, tan pouco sospeitosa de cumprir cos Dereitos Humanos e, ouh sorpresa!, Venezuela. Hipocrisía elevada á máxima potencia.

Todas as ONGs teñen documentación capaz de acreditar que malia os supostos controis que en teoría exiten, moito deste material que os países “avanzados e civilizados” venden, terminan sendo usados nos conflitos bélicos que todos sabemos, nos países máis empobrecidos (que non pobres, non hai países pobres, hainos empobrecidos).

Así que España ama a guerra. Vaille que nindiola coa guerra. Como vai querer a paz.

(Toda a info, aquí http://www.elespanol.com/espana/20160826/150735760_0.html)

Os comentarios están pechados.