Archive for Agosto, 2016

Pero que nos pasou? (Un artigo filosófico)

31st Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Pero que nos pasou? (Un artigo filosófico)

É un tópico da Filosofía (canto mo escoitaron os meus alumnos e alumnas cando eu era profesor) dicir que o ser humano é o único animal que se fai preguntas. É certo e é así. Somos un animal que pregunta, que se interroga, que lle busca o senso derradeiro as cousas. Un becho coa capacidade […]

A hipocrisía internacional con Siria e os refuxiados

30th Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en A hipocrisía internacional con Siria e os refuxiados

Hoxe cúmprense 219 anos do nacemento de Mary Shelley, a autora, con só 19 anos, de “Frankenstein ou o moderno Prometeo”, a primeira obra da ciencia ficción tal e como hoxe o coñecemos. Máis aló da deformación (ás veces xenial) feita polo cine (que nolo fixo descobrir a moitos), o certo é que como acontece […]

España ama a guerra. Negocia con ela. Vaille ben con ela.

29th Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en España ama a guerra. Negocia con ela. Vaille ben con ela.

España vende armas a 78 países do mundo. A guerra, pois, é un negocio. A guerra, a saber, a morte de nenos e nenas, a mutilación de seres humanos, a dor, é un negocio para España. Un país decente non debería comerciar con isto. Pídolle a quen goberne que asuma o compromiso de renunciar a […]

Matar de novo ás 13 Rosas

5th Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Matar de novo ás 13 Rosas

Hoxe cúmprense 77 anos do asasinato (non digades “execución”, como se fose o cumprimento dunha lei, foi un asasinato covarde) das coñecidas como  As 13 Rosas, aquelas mulleres que por defender a liberdade, a xustiza e a democracia, pagaron coa súa vida, curta, esa actitude decente. Non as mataron por criminais ou perigosas antisociais. Matáronas […]

Sobre o prezo dos libros

3rd Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Sobre o prezo dos libros

Crédeme: os libros non son caros. Mercar un libro é mercar ocio e coñecemento para moito tempo. Ás veces, ocio e coñecemento para varias xeracións. Merco os meus libros e sei que outros despois de min, os meus fillos queridos, gozarán tamén da súa lectura e preguntaranse: por que meu pai suliñaría esta frase. Dialogarán […]

Máis sobre a Industria Cultural e Creativa

1st Agosto 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Máis sobre a Industria Cultural e Creativa

Hai uns días publiquei un artigo que titulei Falemos en serio de Cultura e Industria Cultural no que, entre outras cousas, demostraba con datos económicos concretos a importancia das empresas culturais en Europa e da industria cultural como xeradora de emprego e de beneficio económico. Escribino como unha petición de “respecto” para as traballadoras e traballadores […]