3000 persoas cazando Pokémon. 3000 persoas afogadas no Mediterráneo.

Posted by franciscocastro - 29/07/16 at 02:07 p.m.

PicMonkey Collage

3000 persoas quedaron en Madrid para xogar xuntas a Pokemon Go e, como dicían os organizadores, así superar a marca mundial que tiña non sei que país oriental.

3000. Un mundo de xente. Marca mudial.

No que vai de ano, as ONGs estiman que afogaron no Mediterráneo (xa hai quen propón que lle mudemos o nome por Mare Mortum), 3000 persoas.

3000. Un mundo se xente. Marca mundial.

Adiviñade cal das dúas novas abriu un telexornal onte.

Os comentarios están pechados.