Archive for Xullo, 2016

3000 persoas cazando Pokémon. 3000 persoas afogadas no Mediterráneo.

29th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en 3000 persoas cazando Pokémon. 3000 persoas afogadas no Mediterráneo.

3000 persoas quedaron en Madrid para xogar xuntas a Pokemon Go e, como dicían os organizadores, así superar a marca mundial que tiña non sei que país oriental. 3000. Un mundo de xente. Marca mudial. No que vai de ano, as ONGs estiman que afogaron no Mediterráneo (xa hai quen propón que lle mudemos o […]

Alegación contra o amor convencional

29th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Alegación contra o amor convencional

Así titula a crítica literaria Patricia Penelas unha excelente crítica do meu Amor é unha palabra coma outra calquera e que publica no último libro da revista GRIAL. Podédela ler aquí.

Gloria Fuertes, poeta

28th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Gloria Fuertes, poeta

Hoxe fálase moito de Gloria Fuertes máis que polos 99 que cumpriría senón porque Google (e hai que aplaudilos) lle dedicou un doodle, xa sabedes, quen entre hoxe no buscador verá unha animación na que a poeta (non digades poetisa, por favor) aparece contándolle uns contos a unha cativada atenta. Os meus recordos de Gloria […]

125 millóns de mulleres mutiladas xenitalmente: E se fosen homes?

27th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en 125 millóns de mulleres mutiladas xenitalmente: E se fosen homes?

Segundo a Organización Mundial da Saúde, na actualidade hai vivas no mundo arredor de 125 millóns de mulleres ás que se lles practicou a ablación de clítoris, ou sexa, a mutilación xenital feminina, fundamentalmente en África e Oriente Medio. Só en Mali, como a Cruz Vermella lembraba hai uns días, o 85 por cento das […]

E logo do 25 de xullo, e do 17 de maio, que? (Farto, moi farto)

26th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en E logo do 25 de xullo, e do 17 de maio, que? (Farto, moi farto)

Onte vimos, sobre todo nas redes sociais, imaxes e discursos e poemas e fotos e xa sabedes cantas cousas bonitas e sentidas e emocionantes, de amor á nosa terra.  Quero dicir: Á Nosa Terra. Incluso as primeiras páxinas dos xornais estaban en galego!!! Logo os abrías e xa estaban “normais”, ou sexa, en castelán, non fora […]

Donald Trump e a Chaqueta Metálica

20th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Donald Trump e a Chaqueta Metálica

  Onte vin unha película que desexaba ver dende hai anos e que nunca puidera. Esa marabilla de Kubrick titulada “A chaqueta metálica”. Vina e marchei a durmir desacougado. Entre outras moitas cousas, fala do mundo dos Marines, xa sabedes, eses soldados de elite, absolutas máquinas de matar de corazón de pedra, que “polo seu país”, […]

Falemos en serio de Cultura e de Industria Cultural

18th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Falemos en serio de Cultura e de Industria Cultural

Falemos en serio de cultura, de industria cultural, do peso que a cultura ten na realidade europea, española, galega, e daquela falemos pedindo respecto. Porque moitas veces pénsase que isto da cultura, os traballos relacionados con eles, a industria cultural (editoriais, cine, artes escénicas, etc.) é algo menor e sen importancia real no conxunto global […]

Amigo Agustín

12th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Amigo Agustín

Amigo Agustín: A miña nena, Naia, que ten 8 anos, e a quen tantas festas facías cada vez que a vías no parque, no Gadis, pola rúa, no quiosque os domingos pola mañá (canto xogou a miña rula con aquela manta vermella que lle regalaches sendo aínda unha bebé!) onte viume tristeiro e expliqueille que […]

Gozar da morte en directo en Pontevedra ou onde sexa

11th Xullo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Gozar da morte en directo en Pontevedra ou onde sexa

Os xornais anuncian a volta da “feira taurina A Peregrina en la centenaria plaza de toros de Pontevedra”. Si, contan isto en 2016, nun ano no que se montásemos un espectáculo de tortura e asasinato lento con agonía e desangrado de lindos gatiños con música, nos meterían no talego por maltrato animal. Pero non é […]