280.000 euros para restaurar a tumba de Franco

Posted by franciscocastro - 09/06/16 at 02:06 p.m.

Franco

Hoxe coñecimos que o goberno en funcións destinará 280.000 euros para restaurar a tumba de Franco. A orde parte de Patrimonio, que depende directamente de Presidencia do Goberno.

A cousa é interesante porque, como sabedes, este mesmo goberno decidiu cargarse (non destinan un céntimo de euro, así que é como se a derogaran) a Lei de Memoria Histórica. Din que non hai que “reabrir feridas”, que  hai que esquecer e non sei que milongas máis e que hai que deixar as cunetas, as fosas comúns, tranquiliñas. Sen embargo, atopan case que 300.000 euros para que a tumba dun ditador asesino criminal xenocida estea en condicións, bonita, presentable. Por suposto que iso non fai feridas nin nada, que va.

Propoño que non se restaure. Que a deixen apodrecer.

Sería unha boa metáfora de que, por fin, somos unha democracia.

Os comentarios están pechados.