Archive for Xuño, 2016

Eu, escritor

30th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eu, escritor

Leo un informe científico que di cousas que xa sabía: que escribir é bo para o cerebro, que o acto de escribir mellora a nosa vida, a expresión, que reduce a ansiedade e o stress, que facilita a aprendizaxe, que desenvolve as nosas habilidades de comunicación… e logo xa cousas máis impresionantes como que a […]

O de onte

27th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en O de onte

Onte vin xente botándose as mans á cabeza e repetindo, máis ou menos, o mesmo argumento-frase-mantra: pero como é posible que malia a corrupción, a Púnica, a Gürtel, as Black, o Ministro do Interior facendo esas cousiñas que todos sabemos, o outro en Panamá, o sms “Luis, se fuerte, hacemos lo que podemos”, etc, etc, […]

Fernández Díaz, De Gea…pero non falamos do importante

23rd Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Fernández Díaz, De Gea…pero non falamos do importante

Escoitei a Fernández Díaz, vía Periscope, que son un modernito, explicar o das filtracións. E escoito á xente do seu partido repetir o mesmo mantra: “isto é unha conspiración, que vergonza que o espiasen, como é posible a filtración, que pouca saúde democrática”. En troques de falar do que hai que falar, de como é […]

Coma no 39

20th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Coma no 39

O pasado xoves estiven toda a tarde en València reunido con editoras e editores falando de libro dixital, Edición 3.0., novas formas de comunicación no mundo do libro, eBooks, etc. Todo moderno, século XXI, actualidade, en realidade, futuro. Ao saír, os compañeiros e compañeiras, do Convento do Carme onde eran as xorandas Galeúsca de Editoras […]

Borges, 30 anos despois

14th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Borges, 30 anos despois

Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Jorge Luis Borges, un dos autores que máis me marcaron, moi probablemente porque o lin no momento perfecto, concretamente cando principiaba os meus estudos de Filosofía en Santiago. Merquei un exemplar de “Narraciones” (unha escolma preparada por Marcos Ricardo Barnatán) cando tiña 17 anos na Feira do Libro […]

E vai facer Cañizares unha declaración de solidariedade co colectivo LGTB?

13th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en E vai facer Cañizares unha declaración de solidariedade co colectivo LGTB?

Entro en twitter e convénzome (aínda que xa o estou dende os 12 anos ou así) da necesidade de que aquilo que gregos e romanos tiñan tan claro se faga de vez: separar, e para sempre, a relixión da vida civil. E nada teño que dicir sobre o que cada un queira crer. Sinceramente, é […]

280.000 euros para restaurar a tumba de Franco

9th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en 280.000 euros para restaurar a tumba de Franco

Hoxe coñecimos que o goberno en funcións destinará 280.000 euros para restaurar a tumba de Franco. A orde parte de Patrimonio, que depende directamente de Presidencia do Goberno. A cousa é interesante porque, como sabedes, este mesmo goberno decidiu cargarse (non destinan un céntimo de euro, así que é como se a derogaran) a Lei […]

A literatura que me salvou a vida

6th Xuño 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en A literatura que me salvou a vida

O outro día, logo dun coloquio con adultas e adultos sobre a miña novela, dixen a un grupo de lectoras coas que abandonaba o edificio onde se celebrou o acto, que a min, a literatura, me salvou a vida. Non é unha frase feita de escritor, unha desas sentencias que largamos poñendo cara de interesantes. […]