Archive for Abril, 2016

OS NAZIS, QUE VOLVEN

26th Abril 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS NAZIS, QUE VOLVEN

Mentres Europa ve para outro lado, como nos anos 30 do século pasado, os nazis volven conseguir espazos de poder amparándose nunha democracia que, por certo, odian. Onte mesmo, en Austria (patria de Adolf). Celebrouse a primeira volta das presidenciais e gañou a estrema dereita, ou sexa, os nazis, os xenófobos, os violentos, os excluíntes, […]

Falando de “libros para jóvenes adultos”

21st Abril 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Falando de “libros para jóvenes adultos”

Hoxe, no xornal dixital BEZ que se edita en Madrid, e da man da xornalista Esther Ortiz, teño a honra de saír na reportaxe, estupenda, completa, e moi clarificadora, sobre ese fenómeno editorial de masas que son os “libros para jóvenes adultos”, como se recolle no titular e certifica a Asociación de Bibliotecas Estadounidenses no […]

Aquel día que me abracei (sen querer) con Mario Conde

12th Abril 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquel día que me abracei (sen querer) con Mario Conde

Hoxe as redes sociais lembran aquel día de 1990 no que Mario Conde, trunfador, engominado, bailaor de sevillanas (coma Bertín, ese patriota xogador de futbolín), estivo na Facultade de Dereito da Univesidade de Santiago para pronunciar unha conferencia. Por aqueles días, todo o que dixera Mario Conde era Verdade Absoluta. E as institucións universitarias non […]

Odio

7th Abril 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Odio

Dicía Nietzsche que non hai que odiar. Que o odio é un sentimento que nos fai pequenos. Que non importa ter inimigos e que, se os temos (eu imaxino que os teño, sei que algún teño) pois o mellor é ignoralos, facer como que non existen e deixalos vivir no seu odio, na súa illa […]

Eses ollos…

5th Abril 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Eses ollos…

Mirade os ollos desa nena. Ou deses nenos que andan polas fotos, desas crianzas que se aferrollan ao peito da nai desesperadas, que nos interrogan, que nos preguntan, que estades a facer con nós. Por que. Dicídeme por que. Europa, non Grecia nin Turquía, Europa unida conforme posta de acordo miserable, Europa vai deportalos. Pero […]