Un FBI europeo?

Posted by franciscocastro - 29/03/16 at 02:03 p.m.

fbi

As mentes pensantes europeas (eu creo que deberiamos recuperar o nome anterior, Comunidade Económica Europea, porque é para o único que serve esta UE, para o asunto dos cartos) andan pensando estes días na posibilidade de montar unha especie de FBI Europeo, un xeito de policía secreta de espionaxe ou algo así, coa idea de previr atentados como os de Bruxelas ou París.

Se para iso vai servir, pois vale, teñen o meu si.

Pero ademais, gustaríame que as mentes pensantes europeas sentasen para argallar políticas reais para atallar o conflito en Siria, que ten moito que ver con todo o que está pasando, para atender aos refuxiados, aos que se encarcera e, xa de paso, para poñerlle freo á dereita ultraxenófoba que, coa complicidade desas mentes que non pensan (coma eles) medra e medra e vai darnos moitos, xa veredes, desgustos futuros.

Que vaian escollendo os traxes e as cravatas para eses mozotes do efebeí europeo. Pero, ademais, que fagan política de verdade.

Os comentarios están pechados.