Bruxelas. O medo

Posted by franciscocastro - 22/03/16 at 03:03 p.m.

imagenes-twitter-los-atentados-aeropuerto-zaventem-bruselas-1458636712534

É difícil dicir nada intelixente e fóra de tópicos esta mañá na que todo é cofusión, ruído, análises superficiais e moito falar por non estar calados. É complicado, cando menos para min, encetar un discurso racional que arroxe algo de luz hoxe en concreto. Quizais outro día. Hoxe, difícil. E podería encher este espazo con palabras que, no fin de contas, ían resultar baleiras, tremendistas, artificio.

Só podo dicir que non se pode vivir con medo. Iso foi o que lle dixen a varias persoas coas que hoxe falei cando saiu o tema: non se pode vivir con medo, cando menos, eu non vou vivir con medo, non vou deixar de amar os aeroportos, que tanto me gustan, ou de ir a concertos cheos ata arriba de xente, ou de acodir a citas multitudinarias, tamén cos meus pequenos. Non vou vivir con medo porque iso é non vivir.

Hoxe necesítanse análises profundas, afastadas, por certo, do odio.

Eu só podo dicir iso.

Os comentarios están pechados.