SE EU FOSE POETA

Posted by franciscocastro - 21/03/16 at 03:03 p.m.

Refuxiados

Hoxe é o Día Mundial da Poesía, xornada máis que oportuna para reivindicar o que a poesía nos dá: beleza, profundidade de campo, maneiras de ollar intenso, acceso á esencia das cousas.

Para a meirande parte da xente, a poesía é para cantar á beleza, aos sentimentos fermosos, á harmonía cósmica. Ás cousas do corazón.

Mais hai outra poesía, ou otra forma dela, para a denuncia, a protesta, e para chamar aos corazóns libres a mobilizarse para conseguir un mundo mellor.

Hoxe, nesta vella Europa Insolidaria e Fascista, gustaríame ser quen de facer un poema que lles dea azos aos refuxiados que maltratamos e avergoñe aos que miran para outro lado.

Hoxe, se eu fose poeta, a poesía levaria o voso nome e o meu pranto.

Os comentarios están pechados.