A Banda Piroliñas

Posted by franciscocastro - 15/03/16 at 03:03 p.m.

Touros

Esta é a foto que escolleu o ABC, onte luns, para ocupar a portada completa. Falaban de “defender a festa”. Non falan de maltrato animal. Senón de festa e de cultura. Está tomada durante a “multitudinaria manifestación” en defensa de La Fiesta, como eles lle chaman.

Eu só vos pido que miredes ben a foto.

Quer reparedes na cara sinistra que teñen todos eses homes. Non hai nin unha soa muller. Xa que logo, Unha Banda de Piroliñas ao rescate da cultura.

Reparade no lema da pancarta: meten aí a palabra liberdade. Como se algo tan grande como ese concepto tivese algo que ver con coller un becho e torturalo en público.

E nas bandeiras, non vos perdades as bandeiras.

Esa é a idea castiza, roñosa, vella, caduca, chorras e peideira que teñen algúns de España. Mucho españoles, sen dúbida.

Os comentarios están pechados.