Princesas

Posted by franciscocastro - 04/03/16 at 02:03 p.m.

infanta

Malia que somos moitas as nais e os pais que nos esforzamos por educar en igualdade, fuxindo de machismos e micromachismos invisibles que fomentan comportamentos que se toman por naturais, etc., o certo é que a presión do entorno fai que de súpeto se nos corte a dixestión vendo á nosa nena pedir o traxe de Frozen e dicindo que quere ser princesa. Ti lle explicas que somos unha familia republicana, que nos consideramos maiores de idade e xa que logo con capacidade para escoller a quen nos ten que mandar (a imputada da familia real sigue cos seus dereitos dinásticos, notelopierdas), e que non cremos en princesas. E dígolle: son unhas cursis, unhas ñoñas. E van ao baño e de cando en vez atácalles o estreñimento ou a diarrea.

Pero nada. Aínda que Sabina dixera hai tempo que non, o certo é que as nenas queren ser princesas.

Á miña, o outro día, en canto me soltou iso, faleille da Infanta Cristina. E conteille, en versión adaptada aos sete anos, o que fixo.

Logo, puxémonos ler, xuntos, O principiño. Que mola máis.

Os comentarios están pechados.