Archive for Marzo, 2016

Un FBI europeo?

29th Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un FBI europeo?

As mentes pensantes europeas (eu creo que deberiamos recuperar o nome anterior, Comunidade Económica Europea, porque é para o único que serve esta UE, para o asunto dos cartos) andan pensando estes días na posibilidade de montar unha especie de FBI Europeo, un xeito de policía secreta de espionaxe ou algo así, coa idea de […]

Bruxelas. O medo

22nd Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Bruxelas. O medo

É difícil dicir nada intelixente e fóra de tópicos esta mañá na que todo é cofusión, ruído, análises superficiais e moito falar por non estar calados. É complicado, cando menos para min, encetar un discurso racional que arroxe algo de luz hoxe en concreto. Quizais outro día. Hoxe, difícil. E podería encher este espazo con […]

SE EU FOSE POETA

21st Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en SE EU FOSE POETA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía, xornada máis que oportuna para reivindicar o que a poesía nos dá: beleza, profundidade de campo, maneiras de ollar intenso, acceso á esencia das cousas. Para a meirande parte da xente, a poesía é para cantar á beleza, aos sentimentos fermosos, á harmonía cósmica. Ás cousas do corazón. […]

A Banda Piroliñas

15th Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en A Banda Piroliñas

Esta é a foto que escolleu o ABC, onte luns, para ocupar a portada completa. Falaban de “defender a festa”. Non falan de maltrato animal. Senón de festa e de cultura. Está tomada durante a “multitudinaria manifestación” en defensa de La Fiesta, como eles lle chaman. Eu só vos pido que miredes ben a foto. […]

Unha das formas da felicidade

10th Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha das formas da felicidade

Estes días estou volvendo a ler (e xa perdín a conta das veces que fixen tal) “A illa do tesouro” de Robert Louis Stevenson. Lina ducias de veces ao longo da miña vida. De neno como libro nunha edición que andaba por casa. E tamén, na infancia, como banda deseñada. Máis tarde, en diferentes edicións […]

Princesas

4th Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Princesas

Malia que somos moitas as nais e os pais que nos esforzamos por educar en igualdade, fuxindo de machismos e micromachismos invisibles que fomentan comportamentos que se toman por naturais, etc., o certo é que a presión do entorno fai que de súpeto se nos corte a dixestión vendo á nosa nena pedir o traxe […]

Preferiría

1st Marzo 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Preferiría

Preferiría que se me rompese un dedo á guitarra, que chovese todas as vacacións antes de perder a miña biblioteca, quedar sen unha perna que perder a memoria das cousas lindas que vivín contigo, con aquela, con aquel, con todos vós, que me negasen todos os beixos con tal de recibir os correctos, os que […]