Pois xa temos nova novela

Posted by franciscocastro - 07/01/16 at 03:01 p.m.

Amor e unha palabra coma outra calquera-contra2

Sei que queda moito. Pero xa podedes anotar nas vosas axendas que o vindeiro 23 de febreiro, ás 20 horas e na Casa do Libro de Vigo, presentarei, acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, a miña nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA. A obra estará nas librerías no mes de febreiro e sae na colección Literaria.

Queda máis dun mes. Así que non tendes escusa para non vir pois hai ocasión de programar as axendas con tempo!

Aquí queda a contra do libro. Irei adiantando máis cousas, incluídos un par de capítulos, nas semanas vindeiras.

A foto é de Anxo Cabada. E velaí tendes unha sinopse que espero serva para abrir boca e as vosas ganas de meterlle o dente.

Os comentarios están pechados.