Archive for Xaneiro, 2016

Tapar estatuas espidas e cubrir o pelo das mulleres para ter o seu petróleo e venderlles armas.

27th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tapar estatuas espidas e cubrir o pelo das mulleres para ter o seu petróleo e venderlles armas.

Lemos con estupor estes días que en Roma tomouse a decisión de tapar as estatuas espidas para “non amolar ao presidente de Irán” durante a súa visita. Puxeron altos paneis brancos para que quedasen ocultas (vede a foto) e así “non ofender” a tan importante personaxe ao que, sen dúbida, non lle concederían tantas parvadas […]

Fascismo europeo

26th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Fascismo europeo

Ás veces dou en pensar que o becho fascista que leva arrasando Europa dende hai case que un século, nunca vai desaparecer. Gustaríame trabucarme. Pero a realidade é teimuda e lémbrame que ten senso esta forma de tristura que hoxe me invade. Porque non hai mes que non vexamos un retroceso, un novo desafío bárbaro. […]

Menos mal que temos os blogues e as redes

20th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Menos mal que temos os blogues e as redes

Grazas a unha interesante iniciativa do xornalista e activista Xabier Pérez Iglesias, dende hai unhas semanas estamos facendo reconto do estado de saúde do blogomillo, é dicir, da relación de blogues en galego. O meu, A CANCIÓN DO NÁUFRAGO principiou a súa andaina en setembro de 2003 e sigue e con vocación de seguir. 13 […]

Le de balde un novo capítulo da miña próxima novela

19th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Le de balde un novo capítulo da miña próxima novela

A semana pasada adiantei o primeiro capítulo da miña nova novela, que presentarei na Casa do Libro de Vigo o vindeiro 23 de febreiro, ás 20 horas, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA (Editorial Galaxia). Hoxe deixo aquí o terceiro capítulo. Para seguir abrindo boca. Espero que vos guste.

EU CONDENO A EUROPA

15th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU CONDENO A EUROPA

Condeno a Europa, que permite que milleiros e milleiros de refuxiados continúen atascados diante das fronteiras preparándose para morrer de frío. Condeno a Europa, que malia saber dende hai máis de un ano que chega xente a xente aquí, ollo, non de turismo, senón fuxindo da guerra, do terrorismo, da violencia, da morte, prefire gastar […]

Un novo ataque ás escritoras e escritores.

14th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un novo ataque ás escritoras e escritores.

Hai uns cantos meses, CEDRO, a entidade de xestión dos dereitos reprográficos aos que moitas e moitos escritores estamos asociados e que vela polos nosos dereitos económicos como creadores, informounos de que, coa nova reforma das pensións de 2013, cando nos xubilemos ía ser incompatible cobrar unha pensión se, ademais, decidiamos cobrar os dereitos de […]

Velaquí o primeiro capítulo da miña nova novela

12th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Velaquí o primeiro capítulo da miña nova novela

A miña nova novela, como adiantei hai uns días, sae en febreiro e leva por título Amor é unha palabra coma outra calquera (Editorial Galaxia, colección Literaria). Hoxe adianto aquí, grazas á revista GRIAL que ofrece dous capítulos, o primeiro deles. Espero que che guste. Nuns días vai outro capítulo.

Pois xa temos nova novela

7th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Pois xa temos nova novela

Sei que queda moito. Pero xa podedes anotar nas vosas axendas que o vindeiro 23 de febreiro, ás 20 horas e na Casa do Libro de Vigo, presentarei, acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, a miña nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA. A […]

Unha igrexa atrasada, medieval, machista e perigosa

5th Xaneiro 2016 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha igrexa atrasada, medieval, machista e perigosa

A igrexa, malia o traballo de mercadotecnia do meu tocaio Francisco, leva 1000 anos de retraso e é aínda medieval. Por moitos motivos nos que non vou entrar agora, como que sigan discriminando á muller por lei, por exemplo. Pero xa digo que aí non vou entrar. É unha igrexa medieval porque leva, como digo, […]