Como era iso de ser demócrata?

Posted by franciscocastro - 21/12/15 at 03:12 p.m.

Pactos

Hoxe as redes ferven, coma onte as televisións, analizando os resultados electorais (algún día falaremos da simpleza que supón botarlle a culpa de todos os -malos, para quen os sacou- resultados á televisión; algo ten que ver, pero non todo). Coma sempre, a dereitona mediática, especialmente virulenta en xeral pero nestas horas en especial, continúa coa súa estratexia do medo insistindo que imos cara o desgoberno, que isto non ten amaño, que é imposible calquera clase de pacto, etc. No básico o que se pretende transmitir é que se non se lle dá a maioría, en plan claudillo, a un Mariano ou similar, todo vai ser un caos.

No fondo hai un problema de base que ten que ver co pouco que se cre na democracia. Isabel San Sebastián, tertuliana de 13 Tv, queixábase hoxe de que desgraciadamente o destino de España volvía estar nas mans dos separatistas cataláns. Algún xornal de Madrid pintaba hoxe un escenario apocalíptico porque no caso de que, como pode ser, Rajoy teña que gobernar con semellante minoría, vai haber que ceder coas pretensións dos antisistemas.

O normal tería que ser que se entendese que facer política é falar, dialogar, chegar a consensos, cedermos todos un pouquiño para garantir que ninguén se sinte desprezado. Iso sería o normal. O que acontece é que, os privilexiados saben que nese tipo de tesituras sempre saen trasquilados e cos seus “dereitos” (á riqueza, á opulencia, a facer o que lle sae dese sitio) recurtados.

Algúns, dende logo, necesitan leccións urxentes de democracia.

A primeira, que hai que aceptar os resultados aínda que non gañen os teus.

Os comentarios están pechados.