Archive for Decembro, 2015

Os políticos deberían imitar a Alicia

23rd Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os políticos deberían imitar a Alicia

Cando empezo os meus Obradoiros Literarios ás veces dáseme por definir a literatura como “o País das Marabillas”. Quero dicir que no mundo real, as cousas son inevitablemente como teñen que ser. Os obxectos caen ao chan, por exemplo. E ninguén ten dúas cabezas, por poñer outro. Mais no País das Marabillas, ou sexa, na […]

Pido o Día das Letras Galegas 2017 para Andrés do Barro

22nd Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Pido o Día das Letras Galegas 2017 para Andrés do Barro

Hoxe en Twitter é Trending Topic o poeta romántico español Gustavo Adolfo Bécquer. Fixéronmo ler en 2º de BUP cando estaba namoradiño de María e ela, incriblemente (activen o modo retranca, por favor) de min non o estaba. Aquelas rimas algo me axudaron a levar a dor. Pero non foi unha lectura trascendental, dende logo. […]

Como era iso de ser demócrata?

21st Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Como era iso de ser demócrata?

Hoxe as redes ferven, coma onte as televisións, analizando os resultados electorais (algún día falaremos da simpleza que supón botarlle a culpa de todos os -malos, para quen os sacou- resultados á televisión; algo ten que ver, pero non todo). Coma sempre, a dereitona mediática, especialmente virulenta en xeral pero nestas horas en especial, continúa […]

Homes que deciden “polo ben” das mulleres (Albert Rivera non entende nada)

16th Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Homes que deciden “polo ben” das mulleres (Albert Rivera non entende nada)

Hoxe, a prensa informa de que o goberno de Marrocos, con quen España ten, segundo di o presidente, “excelentes relacións”, decidiu prolongar durante cinco anos máis o matrimonio con nenas “polo ben das rapazas”. Nese país, o 12 por cento dos matrimonios están protagonizadas por un adulto e unha nena menor de idade (sei que […]

Un debate?

15th Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un debate?

Cando era profesor de Filosofía, asunto que ocupou 18 anos da miña vida (ten que haber un par de xeracións transtornadas profundamente pola miña culpa), unha das cousas que máis agradaba ás e os estudantes, era que fixeramos “un debate” (a moitos deles porque así non tiñan que aturarme a min falando de Nietzsche, por […]

No Día dos Dereitos Humanos

10th Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día dos Dereitos Humanos

Hoxe celébrase o Día dos Dereitos Humanos e cómpre que lembremos que, no básico, non se garantizan en ningunha parte do mundo. Tampouco no estado español. O dereito á educación, que é un dereito humano, non está garantido cando hai quen non pode seguir cos seus estudos universitarios porque non ten bolsas de axuda. Se […]

Aprendendo de Castelao 1

3rd Decembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aprendendo de Castelao 1

Na Editorial Galaxia estamos moi contentos estes días polas novas edicións que dedicamos aos debuxos de Castelao, que foi un xenio en moitas cousas, e, tamén, nesa forma de humor gráfico intelixente que, ademais de sacarnos un sorriso, ás veces amargo, tamén nos fai pensar. Onte dediquei parte da noite ao volume dedicado aos Nenos […]