150.000 EUROS PARA A FUNDACIÓN FRANCISCO FRANCO E NADA PARA BUSCAR AOS FUSILADOS NAS FOSAS

Posted by franciscocastro - 05/11/15 at 03:11 p.m.

franco

Xa sei que escribín o outro día sobre isto, pero teño que volver. Porque hoxe entérome de que nos Orzamentos Xerais do Estado, os que elabora o goberno de Madrid, resérvanse 150.000 euros para a Fundación Francisco Franco. E, por suposto, CERO CÉNTIMOS DE EURO para os labores de búsqueda dos que aínda seguen nas fosas comúns. E xa sabedes, cando se denuncia que o PP parou a Lei de Memoria Histórica, o que se nos di é que “queremos reabrir feridas”. Subvencionar unha fundación dedicada a un xenocida debe de ser pechar feridas.

É tan indecente, tan vergoñento, tan miserable, que aposto por silenciarme e pedirme a min mesmo prudencia para non dicir unha barbaridade impropia dun tipo educado coma min.

Alguén imaxina a un grupo vencellado a Hitler recibindo cartos do goberno?, alguén imaxina que algo así poida suceder?

Pois si. Porque sucede aquí. Aquí subvenciónase, ao tempo que se lles negan os cartos ás institucións que promoven a cultura, este tipo de Fundacións.

E eu sinto vergonza.

Vergonza e carraxe de que cos meus impostos se financie algo tan noxento.

Os comentarios están pechados.