Esa España que vai ben

Posted by franciscocastro - 03/11/15 at 03:11 p.m.

Paro

Xa sabedes que dende que empezou a campaña electoral, o partido no goberno só ten dúas ideas que repite e repite. A primeira: hai que falar de Cataluña, do “desafío soberanista”, da unidade de España y olé. E a segunda: que España vai ben, que somos o país que mellor se recupera. Etc.

Da primeira non direi nada.

Pero, da segunda, e só por lembrarlle a todo o mundo un par de obviedades, tres noticias de hoxe mesmo:

1.- Que en outubro o paro subiu en 82.327 persoas.

2.- Que nove de cada dez contratos laborais asinados en outubro son temporais.

3.- E que o 45 por cento dos parados non cobra nada en absoluto.

Iso: España vai ben.

Os comentarios están pechados.