Archive for Novembro, 2015

Todo é verdade. Incluso o que soñei

30th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Todo é verdade. Incluso o que soñei

Hoxe no seu twitter, Agustín Fernández Paz lembraba que tal día coma hoxe, do ano 1835 naceu Mark Twain. Cando o lin, lembreime dunha cita que Fina Casalderrey usuou no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, deste autor, que era algo así como, “Todo é real, incluso o que soñei”. A autora botou […]

Xosé Neira Vilas: obreiro da palabra

27th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xosé Neira Vilas: obreiro da palabra

A primeiros de ano acompañabamos a Xosé Neira Vilas cando recibiu da Xunta de Galicia o Premio da Cultura Galega. Ese mesmo día tamén o recibían, noutras disciplinas, outras persoas e institucións, todos eles importantísimos. A todas escoitamos respectuosamente e aplaudimos. Mais só Xosé Neira Vilas conseguiu poñer en pé ao auditorio da Cidade da […]

Os mortos de ETA e as mulleres mortas

26th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os mortos de ETA e as mulleres mortas

Sempre odiei as matemáticas e un dos meus mellores recordos é de COU, do día que fixen o derradeiro exame da asignatura e entendín que máis nunca ía ter que facer unha derivada, unha integral, unha gráfica. Mais ás veces as matemáticas, as enquisas, os datos numéricos, son necesarios para entender a realidade, aínda que […]

Ser home e ser feminista. Falar de feminicidio. Falar.

25th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ser home e ser feminista. Falar de feminicidio. Falar.

Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un día, xa que logo, para facer visible esta traxedia colectiva e para lembrar unhas cantas obviedades que, de tan obvias, non habería nin que ter que lembrar. Como é o feito de que as mulleres non morren. As mulleres son asasinadas. […]

Que lean para ser felices

18th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que lean para ser felices

Esta é a conclusión do A FONDO que Sermos Galiza dedicou á Promoción da Lectura e que eu coordinei. Escribín isto: Promover a lectura e os libros facéndolle caso a Borges, que dixo dúas verdades coma puños: 1. que o paraíso, de existir, debe de ser unha biblioteca; 2. e que ler é unha das […]

Menos gramática e máis fantasía

16th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Menos gramática e máis fantasía

Publiquei este texto no suplemento A FONDO de Sermos Galiza centrado na Promoción da Lectura e que tiven a honra de coordinar. No meu traballo defendo a utilidade dos Obradoiros de Escrita Creativa na aula ao tempo que deito a miña ollada crítica sobre o sistema educativo actual. Podes descargalo, como PDF, aquí.

Sobre secesión e feminicidio

11th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Sobre secesión e feminicidio

Deprime ver a tantas cabeceiras de periódicos, a tantos articulistas, a tantos comentaristas, a tantos políticos, a tantos analistas, a tanta xente no bar, a tantas persoas pola rúa, a tantos e a tantas falar con intensidade, enerxía, vehemencia, desesperación, incluso, da necesidade de ser “fortes” diante do “desafío soberanista”. Hoxe algún xornal fala de […]

Unha rúa para Carlos Oroza. Non era sen tempo!

6th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha rúa para Carlos Oroza. Non era sen tempo!

O pasado luns, o pleno do Concello de Vigo aprobou, e non era sen tempo, que o que ata o de agora era a Travesía de Príncipe que une a máis famosa rúa de Vigo con Policarpo Sanz, lugar de paso obrigado para todos os que aquí vivimos (por algo Príncipe é a segunda zona […]

150.000 EUROS PARA A FUNDACIÓN FRANCISCO FRANCO E NADA PARA BUSCAR AOS FUSILADOS NAS FOSAS

5th Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en 150.000 EUROS PARA A FUNDACIÓN FRANCISCO FRANCO E NADA PARA BUSCAR AOS FUSILADOS NAS FOSAS

Xa sei que escribín o outro día sobre isto, pero teño que volver. Porque hoxe entérome de que nos Orzamentos Xerais do Estado, os que elabora o goberno de Madrid, resérvanse 150.000 euros para a Fundación Francisco Franco. E, por suposto, CERO CÉNTIMOS DE EURO para os labores de búsqueda dos que aínda seguen nas […]

Esa España que vai ben

3rd Novembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Esa España que vai ben

Xa sabedes que dende que empezou a campaña electoral, o partido no goberno só ten dúas ideas que repite e repite. A primeira: hai que falar de Cataluña, do “desafío soberanista”, da unidade de España y olé. E a segunda: que España vai ben, que somos o país que mellor se recupera. Etc. Da primeira […]