Europa colabora cos nazis

Posted by franciscocastro - 26/10/15 at 03:10 p.m.

Nazis

O inverno vai chegar mentres Europa colabora cos nazis no asunto dos refuxiados. Porque os grupos nazis son os únicos que falan claro: queremos que os deporten, queremos que a policía mallen neles, aínda que sexa contra os cativos, aínda que sexan mulleres embarazadas as que reciben as hostias. Os nazis, claro, aplauden ao presidente de Hungría, quen pasará á historia como un tipo cheirento e mala persoa, pero co aplauso dos que aman a violencia e poñen zancadillas aos que escapan do horror, coma aquela horrorosa horripilante horrenda cámara de televisión. Os que aman a violencia e o teñen por catecismo, si. Porque non deixar pasar a quen escapa da guerra e que, por certo, non quere quedar no país senón só pasar, é exercer a violencia. Esa violencia que excita aos nazis, ao Estado Islámico. A todos eses que entender que vivir implica quitar a vida de quen é distinto e, por suposto, pobre.

Chegará o inverno e morrerán coma moscas. Desatendidos. Atrapados. Conxelados. Famentos.

E mentres, os nazis, agradecidos á vella Europa. Sempre tan imbécil.

Os comentarios están pechados.