Toda a culpa é nosa que nos mola cabrear ao goberno

Posted by franciscocastro - 22/10/15 at 02:10 p.m.

mendez-de-vigo

Onte, o ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo (por certo, un aristócrata, notelopierdas) no último pleno da lexislatura dixo: “El IVA Cultural no existe“. O que quere dicir dúas cousas: ou levamos unha morea de tempo discutindo (e protestando) sobre algo inexistente e polo tanto somos profundamente idiotas, ou o ministro pensa que, como o somos, pode dicir ese tipo de parvadas.

Así que xa o sabedes:

O IVE cultural non existe.

Nin o paro.

Nin as listas de espera.

Nin a corrupción.

Nin os aeroportos baleiros.

Nin a privatización de servizos básicos que eran públicos.

Nin o fracaso escolar.

Nin a emigración da nosa mocidade.

Non existe nada disto.

É que nos encanta amolar ao goberno.

Os comentarios están pechados.