Tranquilos, que foi un erro

Posted by franciscocastro - 07/10/15 at 03:10 p.m.

Afganistan-MSF-bombardeo-Telam

O exército dos Estados Unidos recoñece que foi “un erro grave” o bombardeo dun hospital en Afganistán. Que eles non querían pero que si, que bombardearon un hospital cheo de xente e de traballadores. Pero iso si. Sen querer.

Herbert Marcurse explicou xa nos anos 60 do século pasado, que unha das cousas que o poder fai, e que fai moi ben, é transformar a linguaxe dura, a máis terrible, nalgo inocuo, insípido, indoloro e incoloro. Así, que a nenos hospitalizados lle caian enriba bombas que os maten, é “un erro”; que a velliños en cadeiras de rodas lles peguen tiros dende unha metralladora dende un avión é “un problema de información” (dixeron na comparecencia que pensaban que era outra cousa o que bombardeaban); que a nais que están parindo lles maten o bebé antes de nacer pola metralla é “un dano colateral”.

Son capaces de poñer unha nave en Plutón para tirarlle fotiños a un obxecto celeste a millóns de quilómetros, pero cometen esta clase de erros…

Os comentarios están pechados.